Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Xuvenís: O Cabana bate co Malpica

Xuvenís: O Cabana bate co Malpica

Continúan 4 equipos por Grupo en plena loita por alcanzar as 3 prazas de privilexio. E ollo que os equipos xa andan mirando mesmo o golaverage...

E viña marcada a xornada 12 das Ligas Xuvenís por un encontro. O Cabana recibía a un Malpica que levaba toda a primeira volta no liderato, e que tras caer nas Redondas cae á 4ª praza, por detrás dun Ponteceso e dun Baio que non perdoan.

Mentres, polo sur, non houbo enfrontamentos directos, pero os equipos de abaixo puxeron en máis apuros dos esperados aos 4 de arriba.

Ligas Xuvenís, Gr.3, xornada 12

A-Esteirana-Xuvenil-con-Marcos

A imaxe da xornada protagonizouna o equipo xuvenil da Esteirana que, no transcurso do partido celebrado este domingo en Outes, lle rendeu unha pequena homenaxe ao porteiro Marcos Fernández, que está sofrindo unha grave enfermidade intestinal.
O equipo esteirán puido adicarlle o trunfo ao seu porteiro cun partido moi competido e con vitoria final sobre o Outes. Adiantaríase o Outes na primeira metade con un gol en propia meta de Abel. A Esteirana daríalle a volta ao marcador con goles de Pablo e Adrián. Asinando o 1-2 definitivo que lle permite á Esteirana sobrepasar ao Outes na clasificación.

 Muros-Cee - Foto- Jose Cambeiro

Non había choques directos entre os 4 de arriba e ningún deles fallaron. Así e todo, o Xallas foi o que máis sufríu, ante un Soneira que lle prantou cara a o último instante.
Ademais, o Fisterra venceu con solvencia ao Mazaricos por 5-1, con tantos de Bruno, Manu, Abel, Josiño e Javi. O Dumbría tamén superou ao Corcubión por 4-1, pero os corcubioneses melloraron a súa imaxe e aguantaron 80 minutos metidos no partido co gol de Antón Lestón, pero o cadro dumbriés acabou sentenciando marcando 2 tantos nos 10 últimos minutos. Javi (2), Roi e Rafa foron os goleadores dumbrieses.

Pola súa banda, o Cee sacou 3 puntos de Miraflores, ante un Muros que tamén prantou cara. Os muradáns se puxeron dúas veces por diante na primeira metade e no comezo da segunda, con goles de Javi e Rey, pero Tebo e Benlloch conseguían empatar e eran Cibrán e Uri os que macharon nunha gran segunda metade do cadro de José Carlos.

Así, o XSC segue líder con 29 puntos, polos 28 de Fisterra, 27 de Dumbría e 25 do Cee.

Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 12

 Laxe-Baio-Foto- Pablo Rodriguez

Continúa o Ponteceso líder no Norte tras vencer por 4-1 ao Coristanco, sen demasiados apuros. Os de Mato sacan agora 4 puntos ao 2º, o Cabana trala súa vitoria ante o Malpica no partido da semana, que queda 4º a 6 do líder. No medio, o Baio, que manterá o pulso ata o final.
Un Baio que vencía en Lace nun choque marcado pola chuvia. O Baio adiantábase pronto por medio de Fachal, pero pronto igualou Adrián para o Laxe. Apareceu a figura de Santi Díaz que antes de que rematase o primeiro tempo sentenciou o partido cun gol e foi Fachal o que culminou con outro.

Polo demais, o Corme venceu con xustiza ao Zas por 4-0 mentres que Camariñas e Muxía proragonizaron un encontro moi igualado que venceu pola mínima o cadro camariñán.

Cabana - Malpica (3-1)

O porteiro xuvenil do Malpica Jesús  - Foto- Luís E. Porto
  • CABANA: Adrián; Jhonatan, Duda, Laik, (Samuel, min.56), Dani, Pablo, Aless, Álex, Iván Mato, Moreno, Martinciño, (Cristian, min.52).
  • MALPICA: Jesús; Víctor Novo, Canario, Fenosa, (Stiven, min.77), Joro, Kevin, (Josiño, min.77), Diego, Aitor, (M. Ángel, min.52), Martín Maradona, Guille, Almeida, (David, min.49).
  • Goles: 1-0, min.30: Aless dende a banda; 2-0, min.35: Iván Mato cun tiro raso de falta directa; 2-1, min.60: Víctor Novo de vaselina tras un bo pase de Guille ás costas da defensa; 3-1, in.65: Pablo fusila tras un erro no despexe dun defensa.

Era o partido máis intenso da xornada. Os dous equipos no alto da táboa medían as súas forzas para non perder o fío e seguir pelexando polas 3 prazas que dan acceso á Liguilla Previa á fase de Ascenso á Liga Galega. Fixo o Cabana de equipo veterano e soubo facer unha mellor lectura do partido.

E iso que os malpicáns comezaron mandando no terreo de xogo, con moito empuxe. Pero as contras cabanesas facían máis dano e Aless entraba con moito perigo por banda dereita acompañado do sempre incivisivo Iván Mato. Precisamente, á media hora, ambos protagonizaron as xogadas de gol. Aless entraba por banda e facía o primeiro de tiro cruzado, e de contado, unha protestada polos malpicáns falta ao borde da área era transformada por Iván Mato.

Co 2-0 chegábase ao descanso unha vez que M. Maradona non era quen de culminas as dúas ocasións que dispuxo no primeiro tempo. Saíu o Malpica máis enchufados, pero se cadra o nerviosismo fixo mella nos xogadores que estaban algo acelerados e pouco ordenados.

Tiraron de orgullo e Víctor Novo recurtaba. Pero a alegría durou pouco e Pablo aproveitaba un erro na defensa para fusilar a Jesús e firmar a sentencia.

Máis información

Máis información

Crónicas de Xuvenís

Artigos deportivos

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios