Venres. 19.04.2024
El tiempo

Xuvenís: O San Lorenzo superou á Esteirana na única eliminatoria apretada dos Cuartos da Copa

Xuvenís: O San Lorenzo superou á Esteirana na única eliminatoria apretada dos Cuartos da Copa
San Lorenzo Xuvenil O San Lorenzo Xuvenil deu un paso adiante na Copa

Cabana, Corme e Os Miúdos xa tiñan o pase ás semis practicamente solventado da ida, e non sufriron para ratificalo ante Corcubión, Baio e Camariñas respectivamente. A atención centrábase na eliminatoria entre San Lorenzo e Esteirana, dous dos mellores equipos da Liga Regular, que quedaran ás portas da Fase de Ascenso, e que se enfrontaban por todo o alto.

Co 1-1 da ida chegaba era a única eliminatoria igualada. E a volta nas Pedreiras así o viviu, cun partidazo vibrante, que deixa finalmente aos de Juni nunhas semis con dous principais favoritos: o propio San Lorenzo ante o Cabana; e o Corme, campión de Liga que, despois de quedar a un paso do ascenso, quere pechar esta temporada co doblete, e terá enfronte nas semis aos Miúdos.

 

San Lorenzo - Esteirana (3-2)

  • San Lorenzo: Darío, Martín, Diego, Eloy, Pablo, Jose, Aarón, Alex Casás, Alex Verdes, Brais Rey, Iván Sotelo, Iván Cancea. Tamén; Alberto, Alex Rodríguez, Alberto Mato e Esteban.
  • Cee: Alex de Yi, Kevin, Adrián, Pais, Alex, Íker, Sergio, Carajillo, Solís, Xián e Jaime. Tamén: Dani, David, Rodri, Juan, e Joaquín.
  • Goles: 1-0, m.20: Jose; 2-0, m.36: Iván Pombo; 2-1, m.43: Jaime; 2-2, m.44: en propia; 3-2, m.55: Aarón.

Primeira parte dominada con balón por parte do San Lorenzo, que creaba moito perigo coas chegadas por banda de Iván e Brais, ante un cadro esteirán que non acababa de entrar no partido. Pronto chegou o 1-0 nunha combinación entre Brais e Jose que deixaba a este so ante o porteiro e definia a un lado.

Eran momentos nos que non había un dominador claro, ata que nunha xogada por banda dereita de Aarón, que gañaba liña de fondo e sacaba un pase atrás ao segundo pau que Ivan Cancela, só tralo erro na basculación da defensa esteirá, poñia na escuadra.

A partir de aí, nos últimos 10 minutos, cun cambio táctico, subía liñas a Esteirana, tendo máis posesión e roubando con máis facilidade. Dous roubos precisamente permitían que o cadro esteirán empatase o partido no último treito da primeira. Primeiro Jaime non perdoaba un bo pase ás costas da defensa. E de seguido, un centro de Roberto é introducido por un defensa en propia meta. Tivo outra clara a Esteirana, para irse con vantaxe ó descanso, cando Carajillo quedaba só diante do porteiro pero non acertaba a rematar

Comezaba a segunda coa eliminatoria aberta, de cara para a Esteirana á que lle valía o resultado pero que non semeteu atrás. Pero moi pronto unha gran xogada de Brais á contra conducindo dende a frontal propia ata a rival, cedía para Aarón, que definía con calidade.

A partir de aí creou moito perigo o Esteirana, con balóns longos, mentres o cadro de Verdillo sacaba algunha contra. Era un quero e non podo da Esteirana, que se mantiña vivo polas intervencións de Alex de Yi. Para contra o final as dúas máis claras, unha do local Brais que se planta só ante Alex de Yi, e dos esteiráns, xa co tempo cumplido, cun tiro de Xián, rexeitado polo porteiro, que volve chutar Íker, e salva baixo paus a defensa carballesa.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/xuvenis-a-esteirana-dase-a-revancha-na-copa-ante-un-fisterra-que-pechou-dun-golpe-unha-gran-temporada/

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios