mércores. 30.04.2025
El tiempo

Xuvenís: O Xallas asegura a súa praza e o Cee acariña a Fase

Xuvenís: O Xallas asegura a súa praza e o Cee acariña a Fase
Cabana-Baio xuv-Foto-Cabana O Cabana-Baio foi un partido de poder a poder-Foto-Cabana A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook

Boa xornada esta con 3 partidos de poder a poder na Liga dos de arriba. Pelexou o Ponteceso ante o potente Xallas pero quedou sen premio. O Xallas asinou así o seu pase á Fase de Ascenso á Liga Galega con 3 xornadas de marxe, e tras sumar 22 vitorias e 1 empate no que levamos de tempada.

Tamén galou, pola mínima, o Cee en Louro, e acariña a Fase de Ascenso. Quedan os ceenses con 5 puntos sobre o cadro pontecesán, que necesitaría unha boa carambola para meterse na Fase. Tería que vencer a vindeira semana ao Cee por máis de 2 goles, vencer nas dúas últimas xornadas e esperar que o Cee perda ante o Baio ou o Xallas na última xornada. Máis complicado teno aínda o Cabana, un punto por debaixo dos pontecesáns e sen posibilidade de enfrontarse ao cadro de Cee.

 

Liguilla Previa de Ascenso, xornada 7

 

Cabana - Baio (2-2)

Cabana e Baio nas Redondas-Foto-Cabana Cabana e Baio nas Redondas-Foto-Cabana
  • Cabana: Diego (Darío), Martín, Pipa, Aurelio, Carlos (Bieito), Mateo (López), Álex, Ferreiro, Julián, Santi, Pablo.
  • Baio: Jose Manuel, Queiro, Sergio, Jose Antonio, David Mohedano, Alberto, Brandon, Cristian, Regueira, Santi Moreira e Anxo. Tamén: Estefan, Javier Muíño, Ayoub, Michi e Iago.
  • Goles: 1-0, m.48: en propia porta; 1-1, m.70: Estefan; 2-1, m.81: Ferreiro desde 40 metros; 2-2, m.89: Anxo tras unha boa xogada.
Minuto de silencio no Cabana-Baio-Foto-Cabana Minuto de silencio no Cabana-Baio-Foto-Cabana

Igualdade máxima

As Redondas foi testigo dun partido xogado de poder a poder polos dous conxuntos de Cabana e Baio, que se vían as caras por cuarta vez no curso. Antes do inicio do partido gardouse un minuto de silencio pola morte do avó do xogador do Baio, Luís e polo tío do delegado e axudante cabanés Marcos Lois.

Foi un partido con dúas caras moi diferentes, unha primeira parte cun Cabana dominador pero sen profundidade, e unha segunda donde o Baio en liñas xerais foi mellor e mesmo se puido levar a vitoria.

O primeiro tempo estivo dominado polos locais cun Baio que non se arredaba e daba conta da súa portería ante o acoso local. Estes gozarían das mellores oportunidades neste primeiro tempo. A volta dos vestiarios adiantariase pronto o equipo local cun gol en propia meta de Sergio. Espabiláronse os visitantes e conseguiron empatar por medio de Estefan e mesmo poideronse poñer por diante nos minutos seguintes pero unas veces Darío e outras a defensa local conseguían afastar o perigro.
Recompuxose o Cabana e volviu a coller a iniciativa ante un CD Baio que tamén respostaba con contras moi perigosas. Tranformouse o partido nun ir e vir que desequilibrou Peludo cun gol de auténtico crack: condución e remate desde fóra da área no que nada pudo facer Jose Manuel. Entraba o partido nos últimos minutos e os visitantes non se conformaban ca derrota. Buscaban unha ultima opción para empatar. Esta chegou nos pés de Anxo (xogador que dentro da área para o tempo e visualiza cara o que outros vemos escuro) cruzou ao pao longo tranformando en gol case a ultima oportunidade do partido.

Xusto reparto de puntos entre dous conxuntos que cumpriron os obxetivos de sobra nesta temporada regular e donde todo o que venha e un agasallo pos dous.

Non deixamos esta crónica sen lembrarnos de Alberto Pombo xogador da SD Cabana e que tras operarse a semana pasada, todos agardamos a sua pronta recuperación para que siga dando guerra nas próximas campañas.

O Cabana celebra un dos tantos -Foto-Cabana O Cabana celebra un dos tantos -Foto-Cabana  

Montelouro - Cee (0-1)

Montelouro-Cee xuvenil-Foto-Nieves Formoso Montelouro-Cee xuvenil-Foto-Nieves Formoso
  • Montelouro: Joaquín, Cristian (Adricc, m.75), Borja, Sergio, Bouzas, Adri, Xanma, Junjo, Alexis (Javi, m.80) Anxo e Bertín.
  • Cee: Paulo, Adrián (Iván, m.77), Senlle, Borja, Tivi, Castillo (Soto, m.66), Chema, Hugo, Isma (Toño, m.77), Xabi (Pablo, m.85) e Alex Castro (Saulo 57).
  • Gol: 0-1, m.72: Saulo.
Montelouro-Cee pasado por auga-Foto-Nieves Formoso Montelouro-Cee pasado por auga-Foto-Nieves Formoso

Sufrindo e acariñando a Fase

Partido de poder a poder en Agra da Filgueira, cun Mntelouro que vendeu cara a súa pel competindo ata o último suspiro. Foi o Cee o que levou o peso do partido, mantendo o control do balón en todo momento aínda que o dominio non se traduciu en máis goles por falta de profundidade ofensiva, e polo bo traballo defensivo dos locais.

A mellor ocasión chegou dende os 11 metros, pero Tivo mandou ao longueiro. Marcou Saulo a 20 do final e nos últimos intres do encontro o Montelouro tivo dous acercamentos perigosos que remataron fóra.

 

Ponteceso - Xallas (0-1)

  • Ponteceso: Damián, Luca, Ismail, Jorge, Villar, Aarón, Alberto, Cacha, Eloy (Loureiro, m.15:)(Yago, m.70) Aday e Jose Ángel.
  • Xallas: Koke, Raúl, Pablo, Rubén, Xoel, Alberto, Carlos (Óscar), Thiago (Juanjo), Anxo, Sergio Berbeira e Santi Díaz.
  • Gol: 0-1, m.70: Santi Díaz culmina unha contra.
  • Lesión: o pontecesán Eloy. Afortunadamente, tras visitar o hospital, só foi un golpe no xeonllo.

De poder a poder

Sufríu o Xallas para sacar os 3 puntos do Pinguel ante un bo Ponteceso, demostrando ser dous dos mellores equipos da categoría, entre os que houbo moito respecto e “bo rollo”.
Minutos inicias de respeto e tanteo sen dominador claro. Foise estirando o Xallas e creando perigo arriba sen fortuna. A volta de vestiarios un pouco máis do mesmo. O Xallas saía con velocidade buscando is tres de arriba e o Ponteceso pretendía combinar máis pero sen profundidade, e ademais sufría a lesión de Eloy.

Adiantouse o Xallas nun contra que finalizou Santi Díaz, e nos últimos 20 minutos os locais controlarían o balón ante un Xallas ben replegado que non permitía demasiado perigo. Iso si, un córner final puxo contra as cordas ao líder, que saiu vitorioso, e firma así a súa indiscutible presencia na Fase de Ascenso á Liga Galega, que ten que ser obxectivo claro do equipo tras toda unha campaña sen perder partido.

 

Liguilla Copeira Xuvenil, xornada 6

 

Camariñas - Coristanco (2-0)

  • Camariñas: Brais Nion, Gabriel, Espi, Miguel, Facundo (Pablo Mouzo, m.50), Pablo Suarez, David (Chicote, m.60), Joseba, Alvaro (Pifo, m.70), Adrian Bardanka, Brandon.
  • Goles: 1-0: Adrián; 2-0: Adrián.

Contra vento e marea

Consideran os de Coristanco que non se debería ter xogado o encontro polo temporal, pero a realidade é que si se xogou e o Camariñas quedou cos puntos. Así e todo foi un precioso e competitivo partido, loitado ata o final e no que o acerto car gol foi determinante para os locais. Foi Adrián, quen se non, o decidiría o choque con dous tantos.

 

Outes - Corcubión (3-0

  • Outes: Alex, César, Cutu, David, Brión, Adrián (Saúl), Simón, Fabio (Sergio Nieto), Adán, Santi e Fran (Serxio, m.46).
  • Corcubión: Maikel, Porto, Isma, Samu, Mesejo, David, Carlos, Joselu, Dani e Rama.
  • Goles: 1-0, m.49: Cutu de penalti; 2-0, m.52: Santi de tiro cruzado; 3-0, m.57: Simón de remate de cabeza tras saque esquina.

Ante 10

Chegaba con 10 o Corcubión, que aguantou case unha hora de xogo ata o discutido penalti ao comezo da segunda metade, feito que marcou o resto do partido, pois o cadro visitante foise arriba descoidando a defensa.

O campo estaba anegado polos laterais. O Outes sufría para facer dano aos motivados corcubioneses e ademais intentaban entrar polas bandas e non era sinxelo. Na segunda, tralo gol, abríronse as portas da área visitante para o Outes, que sentenciou pronto.

 

Os Miúdos - Castriz (2-0)

  • Os Miúdos: Xandre, Lize (Dani), Yeray, Jose, Gael, Raúl, Miguel, Pesky, Flavio (Manuel), Bruno (Óscar) e Xavi (Gesto).
  • Castriz: Víctor, Rubén, Richi, Álex, Julián, Brais, Martín (Javier E.), Miguel, Elías e Ismael.
  • Goles: 1-0, m.35: Miguel aproveita un rexeite do meta Víctor; 2-0, m.75: o cadete Miguel de penalti.

Pouco interese

Pouco fútbol no Eleuterio Balayo, cun xogo demasiado embarullado e moito balón longo, no que foron os muradáns máis fortes nas segundas xogadas. O cadete Miguel foi protagonista marcando antes do descanso, e marcando ao comezo da segunda dende os 11 metros.

Os visitantes foron quen de facerlle fronte a un equipo moi ben colocado no campo. Os de Castriz creaban peligro polas bandas pero o campo bastante encharcado polos lados impedía claridade nas xogadas. Adiantouse no primeiro tempo o cadro muradán, e os visitantes seguían chegando, pero sen acerto, ata que a falta de 15 minutos para o final o colexiado sinalaba unha pena máxima mentres os visitantes se preguntaban iso de "quen agarra a quen?".
Aínda non tirou a toalla o Castriz e Julián fixo lucirse a Xandre.

 

Zas - Fisterra (4-5)

  • Zas: Hadrián, Rubén, Brais, Ternande, Boli, Pedro, Adrián, Manu, Elías, Álvaro e Andrés. Tamén xogaron: Andy, Manu Laxe e o cadete Christian.
  • Fisterra: Aarón (Xose), César (Andrés), Fabián, Juanfran, Papin, Asier, Pichino, Gabi da Anchoa, Gonzalo, Breixo e Iván (Dani).
  • Goles: 0-1: Breixo de cabeza; 1-1: Manu a balón parado; 2-1: Manu a balón parado; 2-2: Asier tras un rebote; 2-3: Brais; 3-3: Breixo; (descanso); 3-4: Breixo; 4-4: Elías; 4-5, m.88: Breixo marca un golazo.
  • Expulsións: os locais Brais e Pedro.

De gol en gol

Partido disputado nun campo en malas condicións que facían casi imposible circular o balón polo verde. Así e todo foi un partido de tolos, de ida e volta, cunha marea de goles e bonito para o espectador pero unha dor de cabeza para os adestradores. Na primeira metade cada chegada era un gol, con alternativas no marcador, e co Zas algo débil atrás.

Breixo foi o protagonista do choque foi Breixo, que ademais de marcar 4 tantos, anotou o último, e un golazo, case que co tempo cumplido para decidir os puntos.

 

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios