sábado. 03.05.2025
El tiempo

Zas acolle un curso de árbitros de tenis de mesa

Zas acolle un curso de árbitros de tenis de mesa
tenis-de-mesa-zas Ana García e Miriam Domínguez, do AD Zas, subiron ao podium do torneo celebrado a semana pasada en Oroso Hoxe, a partir das 17 horas, terá lugar no ximnasio do CPI de Zas un curso de árbitros de nivel I e nivel II de tenis de mesa impartido por José Luis Cabaleiro, presidente da federación galega de tenis de mesa. Ademais aproveitará a súa visita para coñecer as instalacións onde o clube AD Zas realiza os seus entrenamentos e torneos. Xa mañá, ás 20 horas, terá lugar a presentación do AD Zas Ponciano Nieto - de 2ª nacional -. Antes do comezo da tempada, os xogadores da comarca participan estes días en varios torneos acadando bos resultados. A semana pasada, celebrarónse en Oroso e en Monteporreiro ambos torneos onde houbo varios podiums con dous primeiros postos; Laura García - na categoría benxamín feminino - no de Monteporreiro e Miram Domínguez - na categoría xuvenil feminino - no de Oroso. No encontro de Oroso tamén houbo dous segundos postos; os de Laura García en benxamín e Ana García, na infantil.  Tamén houbo unha semifinalista - nos torneos de tenis de mesa non se disputan o 3º e o 4º posto - por parte de Ana Gacía no xuvenil feminino de Monteporreiro. Pola súa banda, María Castro quedou no segundo posto na categoría infantil feminino do torneo de Oroso. A vindeira cita é día 23 en Gondomar, un torneo previo ao inicio da liga. Selección gaelga Por outra parte, Miguel Rey - entrenador e seleccionador galego - vén de celebrar o éxito acadado no torneo interterritorial celebrado en Valencia de Don Juan - Leon - onde a selección galega acadou o subcampionato detrás de Andalucía. Con este posto, acadou a máxima posición acada polo de agora por Galicia.  

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Stevo Lema.

Comentarios