xoves. 01.05.2025
El tiempo

Zas vivíu unha intensa fin de semana de tenis de mesa

Zas vivíu unha intensa fin de semana de tenis de mesa
Familia do Tenis de mesa de Zas Familia do Tenis de mesa costeiro no Torneo de Zas

Completa xornada esta pasada fin de semana para unha familia do tenis de mesa da Costa da Morte que cada vez é máis grande. Esta fin de semana, ademais das xornadas ligueiras, tocou Torneo na casa, moi ben organizado polos rapaces 4º da ESO do CPI de Zas e que serviu para recaudar uns poucos euros de cara a súa excursión de final de curso. Así o comprobaron o alcalde de Zas Manuel Muiño e o concelleiro de Cultura e Deportes, Manuel García, que teñen claro o traballo incansable de canteira que fan os Stevo e compañía.

Podium absoluto do Torneo de Tenis de mesa de Zas Podium absoluto do Torneo de Tenis de mesa de Zas podium afeccionados do Torneo de Zas Podium afeccionados do Torneo de Zas

Aínda que o deportivo era o menos importante, os campións no Open A (absoluto) foron a parella formada por Javi Diz- Sergio García (Club del Mar), cunmprindo os pronósticos e gañando na final aos segundos cabeza de serie Gonchu (AD Zas) - Martín González (Club del Mar). Completou o podio a parella Diego González - Juan Ángel Ferreira (CTM Coruña). Cuartos foron Fabian Arnejo (Arteal) - MIriam Domínguez (AD Zas).
No Open “B”, os gañadores foron José Sanchez (SD Hípica) - Pedro Ibañez (Cambre TM), que venceron na final a Marcos Espantoso (Oroso TM) - Francisco Paz (Vimianzo TM).
En Afeccionados os mellores foron Jesús García - Iago.

Non faltou a comida de confraternización, para moitos a máis divertida.

 

A xornada ligueira

1ª Nacional Femenina

  • Resultado: AD Zas Aluminios Xeal - Cinania Femenino (2-4).
  • Resultado: AD Zas Aluminios Xeal – AD Vincios Bade (0-6).
  • Resultado: AD Zas Aluminios Xeal – Monte Porreiro “B” (4-2).
  • Resultado: AD Zas Aluminios Xeal – Ribadumia (4-2).

Dúas vitorias e dúas derrotas na maratoniana xornada do pasado sábado no pavillón municipal de Zas, con moito frio para todos, foi o balance do AD Zas Aluminios Xeal. Xogaron moi ben as xogadoras zaseiras e houbo partidos dabondo para todas. No primeiro encontro a vitoria foi fácil ante un Ribadumia Tenis Mesa con dúas xogadoras benxamíns. Logo xogouse o encontro difícil da xornada contra o Cinania de Cangas, onde estaba en xogo o 2º posto e cumplindo as expectativas, resultou tan igualado que poido caer para calquer lado. Así 4 partidos resolveronse por 3-2, pero 3 deles foran para as canguesas do Cinania e eso decantou a vitoria. Nunca lle perderon a cara aos partidos as locais e mostraron concentración e ganas pois este segundo posto dará dereito á fase de ascenso, pois o primeiro xa esta reservado para as de Vincios Vade moi superiores a todas as demais xogadoras desta liga. Así todo parece que queda para a segunda volta, pero antes haberá que gañar os partidos anteriores para manter intactas as posibilidades.

O terceiro encontro e o primeiro da tarde contra as de Vincios Vade tomouse como un entrenamento de calidade, pois de momento como se decía antes, as de Gondomar son moi superiores, así poideron xogar todas as xogadoras, incluso Laura García tivo a súa oportunidade de debutrar en 1ª femenina. E xa no último contra as de Pontevedra non se deixaron sorprender e así Miriam (2), Ana (1) e María (1) fixeron os 4 puntos e tivo de novo a benxamina Laura a oportunidade de volver a xogar. Na clasificación o AD Zas Aluminios Xeal está terceiro con só as dúas derrotas desta xornada.

 

2ª Nacional Masculina

  • Resultado: AD Zas Ponciano Nieto – Club del Mar Promesas (2-4).

Moi ben xogaron os zaseiros este encontro, pero o dito que a can fraco todo son pulgas aquí foi moi certo. Viuse en cada partido que podían perfectamente gañalo pero as ansias e outras veces non escoller ben o momento do ataque fixo que os puntos clave foran para os coruñeses. A impresión que deron os locais foi moi positiva e, tendo en conta que o rival é terceiro na clasificación, que se lle está collendo o ritmo a esta división.

O equipo aínda pode reaccionar, pero pode que sexa algo tarde para acadar a salvación. En todo caso, queda moita liga e loita van dar.

 

1ª División Galega

  • Resultado: SD Hípica - AD Zas Construcciones Cernadas (3-4).
  • Resultado: Concello de Mazaricos - Liceo Noia “C” (4-0).

Importante vitoria do AD Zas Construcciones Cernadas de cara a non pasar apuros para manter a categoría nun partido adiantado, xogouse pola semana, e así poder contar con Ana e Miriam. E así as dúas tamén podideron xogar a primeira femenina. Moi pouco que contar dos partidos a non ser o primeiro de Ana que foi iigualado pero non foi capaz de superar ao veterano Monroy. O resto dos partidos foron moi claros para cada xogador.

Rápida é mais fácil do previsto a vitoria dos mazaricáns ante os veciños de Noia e así manteñense nos postos altos da táboa coas expectativas intactas e a espera de que fallen os de arriba para ocupar postos de ascenso.

 

2ª División Galega

  • Resultado: AD Zas Dimobel Bazar Baio - SD A Baña (2-4).
  • Resultado: AD Zas O Pinar - SD A Baña (2-4).
  • Resultado: AD Zas Dimobel Bazar Baio - Concello Santa Comba (0-4).
  • Resultado: Recreo Cultural de A Estrada - VTM Pinturas Figueiras (2-4).
  • Resultado: Arteal “B” - VTM Pizzería Hilton (4-0).

Doble xornada pero non houbo sorpresas nos resultados deste grupo de 2ª galega. O Concello de Santa Comba segue líder contando os encontros por vitorias e mostrando cada partido máis fortaleza. Se cadra o VTM Pinturas Figueiras non contaba con gañar en A Estrada pero os entrenos dan resultado e eso é o que fan os de Vimianzo.

 

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Stevo Lema.

Comentarios