Venres. 29.03.2024
El tiempo

1 millón de euros para ampliar a estrada entre Brens e Hospital

Estrada de Hospital a Brens
1 millón de euros para ampliar a estrada entre Brens e Hospital

Faille falta unha remodelación completa á estrada DP-2302 que une Brens con Hospital, unindo os Concellos de Cee e Dumbría. En así parece que se vai realizar tendo en conta o poderoso orzamento da obra anunciada pola área de Vías e Obras da Deputación da Coruña. As obras contan cun orzamento de licitación de 995.368,84 euros, aos que hai que sumar os 94.154,67 euros que se destinarán ás expropiacións necesarias para levar a cabo o proxecto, como explicou o deputado responsable da área de Vías e Obras e alcalde dumbriés, José Manuel Pequeño.

As obras aumentarán a sección actual dotándoa de dous carrís de circulación con 3 metros de ancho e beiravías de 0,50 metros, entre os PK 2+100 e 5+890.
Executarase tamén melloras no trazado do vial, modificando catro interseccións, suavizado curvas e executando novos de carrís de espera e cuñas para facilitar as incorporación e mellorar a visibilidade, Ademais, repoñerase o firme en toda a zona de actuación.

O prazo de presentación de ofertas remata o vindeiro 28 de decembro.

Comentarios