martes. 23.06.2026
El tiempo

Así está o mercado do Fútbol da Costa

O SCD Buno anunciando a fichaxe de David Bana
O SCD Buño anunciando a fichaxe de David Bana
Así está o mercado do Fútbol da Costa

Estamos xa en pleno verán e bulen as novas e os rumores sobre os bancos e sobre as directivas. Facemos un repaso aos cambios confirmados nos banquiños, destacando tamén a renovación de varias directivas, como a do San Lorenzo, con Padín á fronte, ou a do Laxe, mantendo o bloque pero co ex porteiro Jacobo tomando o relevo de Jose Lema.
Por Fisterra houbo asemblea este pasado venres, e xa hai grupo de traballo preparado, con novidades importantes.

Imos xa co repaso aos movementos no fútbol masculino.

Preferente

Os dous equipos da Preferente tomaron camiños distintos. Se o Dumbría aposta pola continuidade de Pablo Conde, Pablo Torreira quixo parar tras 5 anos á fronte do banco do Sofán. Será Dani Casal o que tome o mando do equipo carballés.

En canto aos xogadores, hai continuidade en ambas plantillas. O Sofán anunciou a fichaxe de Brais Fraga (recén saído da Liga Nacional Xuvenil), pero xa ten renovadas pezas chave como Iván Parafita, Iván Martínez, Becerra, Joel, Gardu, Dopi, Izan ou Marcos. No bando dumbriés, ademais da retirada de Anxo Lema, e as saídas de Isma, Diego Estévez ou Mataso, cómpre destacar as renovacións de Juan, Berto, Toni, Peris, Sergo, Mario, Breixo, Pablo, Marcote, Xabi, Kanario ou Lucas.

1ª FUTGAL

Na 1ª, comezando por arriba, o triunfador da temporada, o Muxía aposta tamén pola contunidade de Sergio Pataca. Ademais, dá saída a xogadores como Róber, Fabián Sendón ou Álex Martínez, pero renovan os Carlos Costa, Bouzón, Mateo, Isma e Antón Pose, Michael, Manu Nogueira, Julián, Adrián e Víctor Alcaina, Brais Fdez., Javi Vilela, Iago, Manu Martínez, Fran Moreira ou Joel. A únicafichaxe, por agora, a do fisterrán Guille Lago.

O Castriz seguirá baixo a batuta de Barca, e conta con allicerces como Fran Calvo, Adrián García, Anxo, Coke ou Fabián. A única baixa, por agora, a do meta Íker Muíño.

Estarán tamén na 1ª o San Lorenzo, campión da Liga da Costa, e o flamante ascendido na promoción Xallas. Os carballeses apostan, como non, por Iván Rojo, e esta semana están empezando a anunciar as renovacións, como as de Hugo Pereiro, Iago López, Riki, Rubén, ou o capitán Pablo Garrido.

Pola súa banda, o Xallas, aínda vén de pechar a temporada así que tardarán en preparar a tempada que vén, pero estamos confiados en que o proxecto de Doriño, con xente da casa, será protagonista en toda unha 1ª FUTGAL.

Liga da Costa

Na Liga da Costa, os recén descendidos partirán como favoritos. O Camariñas busca un relevo para Juan Cabrejo, que pensa en coidar máis da canteira. En canto ao plantel, o club agradeceu o compromiso dos Oli, Roi ou Raúl, e xa anunciou, por agora, as renovacións dos Moriño, Víctor, Soule, Jorge, Borja, Joseba, David, os dous Pablos.

A Esteirana mantén a aposta por Adán Leis a pesar da complicada temporada vivida, por mor das lesións. E ademais da xubilación de Sui, o equipo conta con recuperar a esencia da xente da casa, coma sempre.

Onde si vai haber moitos cambios é na SD Fisterra. Trala asemblea celebrada o pasado venres, hai campo aberto para a presentación de nvoas candidaturas para a directiva. E xa parece que hai un grupo comprometido, que chega cun plan moi establecido, con grandes nomes tanto para o banco como para o céspede. Pronto anunciarán a volta de importantes xogadores para facer un proxecto formulado dende a identidade.

Haberá tamén un grupo de candidatos despois do visto este ano, como os Baio ou Porteño. O club baiés despediuse de Diego Lobelos, e seguirá apostando polo proxecto de canteira.
En canto ao cadro da Ponte do Porto, volverá lanzar un proxecto ambicioso, con Berto ao mando das operacións (volve aos campos o adestrador camariñán despois dunha temporada fóra dos campos para coller o relevo de Mayor, que fichou polo Laxe), e con renovacións imporantes como as de Sergio, Pablo, Martín, Rodrigo, Kevin, Sandelo, Mariolo, Iván, Álvaro, Darío ou Alfredo.

Por Cabana continuará Mingui, cun plantel moi parecido ao que sorprendiu este curso.

O novo proxecto do Soneira seguirá comandado polos irmáns De la Sierra, xa con renovacións confirmadas como as de Richi, Brais Pereira, Vía, Pichi, Cachi, Jose Antonio, Oreiro, Héctor, Mario Leis, Cristian, Javi, Brais Dono, Xavi, Gabriu, Canosa e Sergio. Ollo á fichaxe do verán: Juan de Selia volve á Liga da Costa tras conseguir a Copa do Sar co Negreira. Ao seu car´pon tamén chega Íker Muíño, procedente do Castriz.

Por Corcubión, aínda sen confirmar, parece que seguirán os fisterráns Ángel López “Ventanas” e Isi.

Se en Corme manterase Ángel á fronte do barco, e en Ponteceso fará o propio Jorge Guillamet; por Malpica cambiaron de patrón, e pasan de David Baña (que fichou polo veciño Buño) a Pablo Mallón, que recolle un equipo que vai a máis.

O Sofán B, recén salvado polo ascenso do Xallas, manterá a aposta por Zalo á fronte do equipo.

Os recén ascendidos teñen proxectos distintos. O Oza seguirá con Míchel e Gonzalo á fronte (cun segundo adestrador novo como Santi Ortiz) e as renovacións dos Alex Moreno, Hugo Fraga, Marcos Carrro, Davicillas, Brais Bolón, Samu, Eloy Suárez, Raúl, Miguel, Iker ou Fernando. O equipo incorpora a David López, procedente do Soneira pero que volve á casa, onde xa xogou os dous primeiros anos federados do club.
Pola súa banda, o Coristanco despediuse de Adrián Lema e anunciou a fichaxe de Josiño Abelenda, que rematou a temporada prematuramente trala saída do cadro soneirán.
E finalmente, o Cee aínda acaba de celebrar o ascenso así aínda terá que planificar a vindeira temporada, pero cun proxecto de canteira tremendamente prometedor.

Na 3ª

Monte Louro, Muros, Mazaricos e Zas afrontan a nova temporada dende a 3ª.

O cadro loureán xa renovou 15 xogadores (Pablo (C). Chouza, Rodri, David Pais. David Lestón, Héctor, Xacobo, Adrián. Flavio, Javi, Chano, Martín, Abel, Luismi, Iker), ademais do seu patrón, o gran Bibi.

O Muros tamén mantén a estabilidade, con Joaquín Quintáns ao mando e xogadores renovados como Xandre, Raúl París, Guille, Iván París, Edu, Nauzet, Jesús Emosrís, Benji ou Dani Noya.

Tamén continúa Raúl Periscal á fronte do Mazaricos, nun ilusionante cambio de ciclo, con xente moi nova e prometedora que pode que non pida reter.

Os que si cambian é o Zas, e trala saída de Rubén Forján, anunciarán relevo en breve.

Preto da zona de arriba estarán os que quedaron apeados na promoción, aínda perfilando o curso que vén. Polo de pronto Gurita xa renovou co Cerqueda (collerá tamén xuvenís e tecnificación), Julito está confirmado no At. Pereiriña, e pronto o Sporting Seaia anunciará a máis que probable renovación de Manu Cancela.

O que si ten formulada a temporada que vén é o ambicioso Baíñas. Con Jose Antelo renovado, tamén contan cos capitáns Esteban, e Kevin Fandiño, co meta David, con Leo, con Stiven, Rodri, Samu, Edu, Dylan, Manu Arias, Crisca, Carlos, Chori, Ibra ou Ruli. Non continúan Santi, Fabián ou Chavico, que decidou colgar as botas.

A nova directiva do Laxe vén tamén cun proxecto con moita ilusión, despois da segunda volta espectacular desta pasada campaña. Con Mayor á fronte, buscarán o ascenso e a volta á Liga da Costa.

O Buño presidido por Jorge Calvete vén de anunciar a David Baña como adestrador. 

No Volantes seguirá Ubaldo.

Están por perfilar proxectos como o Camelle mentres que o CD Nantón mantén a aposta por Adrián Varela, coas renovacións de Jose, Xoel, Adri, Dani Cazón, Álvaro, Jorge ou Yago Torres, ademais da continuidade máis especial, a de Maikel, que tralo seu duro accidente, seguirá correndo a banda das Fontiñas.

Na familia do Lira CF, Óscar Leis quedará cos xuvenís e o club anunciará estes días o novo adestrador, para continuar con esa revolución xeracional xa aberta este curso.

Finalmente, o Inter de Brens manterá a Cobéns no banco, e xa ten renovada á directiva, e a xogadores como Richi, Diego Martínez, Evaristo, Fabián ou Santi. Chegan como novas fichaxes Leo (ex Corcubión ou Dumbría), Xuro (ex do Pastoriza ou Castrelo) e Fer (procedente do SD Fisterra).

Máis novas

Comentarios