Venres. 19.04.2024
El tiempo

380 deportistas encherán o Conco de deporte esta fin de semana

Ambiente nunha fin de semana no campo do Conco
380 deportistas encherán o Conco de deporte esta fin de semana

Pode darse unha fin de semana calquera, pero o feito de poñelo sobre o papel pon de manifesto o tremendo traballo que hai detrás dunha instalación deportiva como a do Conco, o corazón do Concello de Dumbría.

Serán un total de 21 partidos os que se disputarán estes tres días de deporte base, deporte escolar, deporte feminino e deporte semi -profesional. O Fútbol, Voleibol e fútbol sala son os grandes protagonistas, xuntando a máis 380 deportistas que preveñen de todo o país, en moitas ocasións, coas súas familias, que moitas veces aproveitan para quedar e ver parte da nosa comarca.

Unha realidade que se dá gracias á coordinación entre Concello entre os distintos clubs que conforman o deporte no Conco, CF Dumbría, Volei Dumbría e Fisober.

Imaxe do partido do Volei Dumbria co Collado Villalba
Imaxe dun partido do Volei Dumbría no Pavillón do Conco

Fisober FSF
O Fisober no Conco

Estes son os horarios de competición:
Venres 28.
-  F8 categoria Alevín, CF Dumbría - SD Fisterra (18,00 h)
- F8 categoria Benxamín, CF Dumbría - SD Fisterra (18,00 h)

Sábado 29.
- Deporte escolar de voleibol categorias Benjamín e Alevín. Total 10 partidos. Equipos: Manuela Rial, CV Rianxo, CV Jealsa, CV Noia. (10,00 h)
- Liga Galega Infantil, CF Dumbría - Conxo. (10,00 h)
- Liga Galega Cadete, CF Dumbría - Bergantiños B (12,00 h)
- Liga Galega Promesas, alevín feminino, CF Dumbría - Crendes. (16,00 h)
- Liga Galega Xuvenil, CF Dumbría - Montaños (17,00 h)
- Voleibol Superliga2: Volei Dumbria - Palencia. (18,30 h)
- Fisober Senior: Fisober - Pontevedra. (20,30 h).

Domingo 30
-  Volei Superliga 2, Volei Dumbría - Almendralejo (12,00 h)
-  Volei cadete masculino, Volei Dumbría - Calasancias, (17,30 h).
-  Volei cadete feminino, Volei Dumbría - Calasancias, (17,30 h)
-  Volei Alevín masculino, Volei Dumbría - Calasancias, (19,00 h).
 

Comentarios