A canteira de volei costeira leva outros 5 xogadores á Selección Galega


Somos unha potencia en materia deportiva, non cabe dúbida. A semana pasada coñeciamos aos 3 xogadores da bisbarra que participaron na Selección Galega de Voleibol Cadete, e onte falabamos dun carballés internacional de balonmán. Pero a canteira costeira segue producindo figuras, como así o refrenda a nova convocatora para as Seleccións Galegas Infantís femenina e masculina.
Este vindeiro martes 1 de novembro, as seleccións galegas infantís teñen unha cita para adestrar na Sagrada Familia da Coruña e 5 compoñentes do equipo de Volei do Manuela Rial participarán nese adestramento.
A representante femenina será Izaskun Qinteiro e no masculino estarán David Redonda, Manuel Marcote, Xavier Perez e Unai Larrañaga. Destes adestramentos seleccionarán os representantes da Selección Galega, que participará nos Campionatos de España por Comunidades Autonómicas alá por Semana Santa. Esperemos que os 5 vaia convocados.
Cita co volei esta fin de semana
As Ligas continúan e os clubes dumbriés e ceense desprázanse esta fin de semana a Ourense, para disputar os seús encontros no Paco Paz no seguinte horario do sábado 29 de outubro:
- 10:00h: Xuvenil Femenino - CV Ourense- Voleibol Dumbría.
- 10:00h: Infantil Femenino - CV Ourense- Manuela Rial.
- 10:00h: Infantil Masculino - CV Ourense- Manuela Rial.
- 11:30h: Cadete Femenino - CV Ourense- Voleibol Dumbría.
- 11:30h: Cadete Masculino - CV Ourense- Voleibol Dumbría.
Novas relacionadas
- 3 xogadores do volei costeiro na Selección Galega e un carballés na Selección Española de balonmán.
- Mala semana para Calvo e Conservas pero grande data para un carballés internacional.
Últimas Crónicas
- 3 vitorias e 4 derrotas é o balance da fin de semana no volei da Costa.
- Conservas e Calvo caen fóra da casa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa do Volei Dumbría.