![A cantante Rosa Lopez visitou recentemente a fervenza do Ezaro]()
A cantante Rosa López visitou recentemente a fervenza do Ézaro
Un dos referentes turísticos da Costa da Morte, a
Cascada do Ézaro volverá a iluminarse durante esta Semana Santa. Este espectáculo nocturno poderá verse
hoxe, mañá e sábado entre as 22 e as 23 horas.
Aproveitando esta iluminación, realizarase unha
ruta nocturna en kayak pola Ferveza, organizada por
Dafit e Surf Costa da Morte. A saída está prevista para mañá venres, ás 21 horas, e o prezo é de 25€. Os interesados deben reservar praza xa que están limitadas.
Así mismo, ante a chegada de centos de turistas durante estes días neste espazo, o concello de Dumbria anuncia que
restrinxe o acceso dos autocares á ferveza.
Este espectáculo natural non pasa despercibido entre os turistas que visitan a diario a Costa da Morte. Recentemente,
a cantante Rosa López, participante de Operación Triunfo e no certame de Eurovisión, achegouse en días pasada ata esta paraxe. Unha vez alí, non dubidou en subir ao seu twitter unha imaxe dela coa cascada de fondo.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta).