Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Deputación inviste máis dun millón de euros na mellora das estradas da Costa da Morte

A Deputación inviste máis dun millón de euros na mellora das estradas da Costa da Morte
travesia-senande En Senande xa comezaron os traballos de mellora da travesía entre os puntos quilómetricos 3.400 e 4.675 Esta semana puxéronse en marcha seis obras de construción de sendas peonís e mellora de estradas nos concellos de Malpica, Vimianzo, Muxía, Dumbría, Santa Comba e Mazaricos. As obras, que corren a cargo da Deputación da Coruña, supoñen un investimento de 1.072.777 euros. O pasado día 2 de novembro comezaron en Muxía as obras de remodelación e acondicionamento da travesía de Senande, na DP3403, entre os puntos quilométricos 3.400 e 4.675, que supoñen un investimento de 309.371,49 euros. As obras teñen como obxectivo subsanar as deficiencias existentes, mellorar o estado urbanístico da travesía, incrementar a seguridade vial e minimizar as barreiras urbanísticas. Consisten na execución dunha calzada de seis metros de ancho, con arcén lateral dereito de 0,20 metros e urbanización de beirarrúas laterais de 1,20 metros, así como a colocación de barandilla para protección no desnivel existente entre os puntos quilométricos 3.825 e 3.915. Nos tramos correspondentes aos puntos 3.400 a 3.675 e 4.340 a 4.675 acondicionarase a pavimentación de toda a plataforma da estrada ata os límites de dominio público, co obxectivo de mellorar a seguridade vial eliminando a cuneta mediante a canalización soterrada das augas de escorrentía e a creación dun sobreancho na calzada que poda servir como aparcadoiro complementario ou ben como arcén transitable. Onte tamén comezaron os traballos de mellora do firme da estrada DP 2904, no concello de Santa Comba, nos que a Deputación inviste 248.156.52 euros. As obras comezan co desbroce e a limpeza de rastroxos das marxes da estrada, así como a limpeza dos arcéns por ambas marxes, para realizar posteriormente os traballos de mellora da capa de rodaxe entre os puntos quilométricos 15+800 e 20+240, mediante o extendido dunha capa de mistura bituminosa en quente tipo AC 16 SURF 60/70 de catro centímetros de espesor. Previamente ao extendido de dita capa de rodadura, entre os P.P K.K 17.650 e 20.240, realizarase o fresado puntual a través de medios mecánicos e a posterior reposición do firme cunha capa de mistura asfáltica en quente en aquelas zonas de estrada nas que a capa de rodadura actual presenta deterioros. Contémplase tamén a posta a cota das tapas de rexistro e sumidoiros existentes. Sendas peonís En Vimianzo, comezan tamén estes días os traballos de marcaxe de ocupación de terreo para as obras de construción dunha nova senda peonil na DP 1603 de Ponte do Porto a Quintáns, entre os puntos quilométricos 1.400 e 2.345, que suporán un investimento de 118.578,79 euros. A nova senda, destinada a mellorar a seguridade vial nesta zona de case un quilómetro, terá un ancho medio de dous metros e un arcén de separación do carril de circulación de 0,5 metros. Debido á configuración do terreo, con desmonte en parte do percorrido, contemplase a execución de muros de escollera, con alturas máximas de 1,8 metros e de bordillo nos tramos nos que o terreo estea a unha cota superior á da senda. Para o drenaxe de pluviais contruirase unha rede de tubería de PVC baixo a senda, reforzada con formigón, e sumidoiros cada 50 metros. O proxecto tamén inclúe nova sinalización vertical e horizontal. travesia-mazaricos As obras de mellora da travesía que une Serra de Outes con Dumbría xa comezaron a finais de outubro En Mazaricos, a Deputación ten en marcha dende finais de outubro as obras da senda peonil na estrada DP 3404 que vai de Serra de Outes a Dumbría, entre os puntos quilométricos 19.600 e 20.100. O investimento ascende a 51.810 euros para a construción dun vial para peóns de aglomerado na marxe dereita da estrada, a construción da rede de pluviais, o pintado da liña de arcén e a sinalización horizontal da nova infraestrutura. Tamén no termo municipal de Dumbría estanse a construír varios tramos de plataforma peonil con base de aglomerado na marxe dereita da estrada DP 3404. Estes contarán con rede de recollida de pluviais e nova sinalización horizontal e contribuirán a facer máis cómodo e seguro o cada vez máis transitado Camiño Xacobeo da Costa. Os tramos obxecto de actuación en Dumbría sitúanse entre os PK 26.830 e 27.210, PK 27.480 e 28.750 e PK 30.280 e 30.500 e contarán cun presuposto de 261.066,33 euros. Finalmente, en Malpica comezarán nos vindeiros días os traballos de construción dunha nova senda peonil de 790 metros de lonxitude no lugar de Mens, dando continuidade á existente actualmente entre os puntos quilométricos 5 e 6. O andén peonil continuará así ata o PK 4.210, mellorando a seguridade da estrada DP 4307 de Malpica a Ponteceso. A Deputación adxudicou os traballos por importe de 83.794,42 euros e terán un prazo de execución de catro meses. As obras comezarán coa retirada de todos os elementos de mobiliario urbano afectados pola obra, entre eles sinais de tráfico e biondas, o desbroce das cunetas e a demolición do pavemento asfáltico na marxe dereita da calzada. A nova senda terá un ancho total de 2,10 metros, dos que 0,30 metros correspoden á zona de seguridad entre a calzada e o andén peonil. O proxecto inclúe tamén rede de recollida de pluviais e a reposición de sinalización horizontal e vertical. Novas relacionadas Fonte

Comentarios