Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Etapa da Fin do mundo centra a presencia da Costa da Morte na Fitur

A Etapa da Fin do mundo centra a presencia da Costa da Morte na Fitur
Presentacion da Etapa da Fin do Mundo na Fitur 2013

Este 2013 a Costa da Morte volve estar na Feira de Turismo FITUR. Ben é certo non este ano non está o habitual stand da Asociación Neria, como outros anos, pero a presencia da nosa bisbarra parece cuberta. A través de Turgalicia, así como a través de varias entidades de hosteleiros, como os de Muxía e de Fisterra. Pero sobre todo, a gran protagonista, é a "A etapa da Fin do Mundo" da Vuelta 2013 .

Onte, mércores, na inauguración da Feira, tivo lugar a presentación da "A etapa da Fin do Mundo" da Vuelta 2013 , da man do presidente da Deputación, o alcalde de Fisterra, José Manuel Traba, e o director da Volta, Javier Guillén, tamén acompañados por Zaira Rodríguez, de Cee ou José Manuel Pequeno, de Dumbría. O relatorio "A Coruña lévate ao cabo do mundo", recordou que, tralo paso polo alto de O Ézaro do ano pasado, multiplicouse o número de visitantes á zona. Destacaron que a chegada inédita do evento ciclista do ano pasado foi seguida por máis espectadores que a etapa máis vista do Tour de Francia.

Presentacion da Etapa da Fin do Mundo na Fitur 2013

I é que a presencia da nosa bisbarra é importante, unha vez que falamos "dun dos certames turísticos de maior repercusión mundial no que o ano pasado participaron máis de 9.500 empresas expositoras procedentes de 167 países ou rexións, así como máis de 6.300 xornalistas de 54 países”. En total, dixo, na edición 2012 participaron máis de 200 mil persoas, entre profesionais e público final, destaca Turgalicia.
Estes días estamos comprobando como a marca turística galega "Galicia, gárdasme o segredo?" que leva Turgalicia ten como un dos referentes a ruta do Faros e Praias da Fin do mundo, como podemos comprobar en www.turgalicia.es.

A Costa da Morte presente no stand de Turgalicia na FITUR 2013

Fisterra, Muxía e Muros presentes

Ademais das actividades máis institucionais, dúas entidades estarán estes días presentando as súas ofertas: Muxía Natural e Turismo Finisterre.

O venres a partir das 17:00 tamén no Stand de Turgalicia, terá lugar a Presentación Fisterra, Fin do Camiño, Fin do Mundo, da man como dicimos da Asociación Turismo Finisterre na Sala de actos do stand de Galicia.

Ademais a Asociación Muxía Turismo Rural, que aglutina os cinco establecementos do concello (Casa de Lema, Casa de Trillo, Casa Castiñeira, Casa Ceferinos e Casa Fontequeiroso) promocionará a súa oferta conxuntamente en Fitur. Desde mañá e ata o venres, os cinco empresarios contactarán con diversos operadores turísticos, co fin de establecer canles comerciais.
Un dos paquetes a promocionar é a Escapada Touriñán, que permite ao usuario disfrutar da singular posta de sol no faro máis occidental da España peninsular e degustar os percebes recollidos no mesmo cabo.

Ademais, o venres, coincidindo co Día de Aragón, os empresarios de turismo rural, xunto co alcalde muxián, Félix Porto, manterán na capital de España un encontro de traballo cunha delegación do Concello de Calatayud, para profundizar nos intercambios entre ambos pobos, que teñen como vínculo de unión a tradición do congro curado.

O mesmo venres, os establecementos muxiáns Casa Fontequeiroso e Casa Ceferinos recibirán, tamén en Fitur, o distintivo da Q de Calidade. Dos cinco aloxamentos de Muxía, catro contan xa con esta certificación Q.

E para rematar,chegou ás nosas mans este vídeo realizado por Juan Figueiras que serve de promoción do Concello de Muros para esta FITUR 2013. Sen máis, deixámoscos coa música de Luar na Lubre, "Hai un paraiso", e toda a beleza do concello muradán.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios