Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Fervenza do Ézaro prepárase para o Open de Pesca sen morte desde kaiak

A Fervenza do Ézaro prepárase para o Open de Pesca sen morte desde kaiak
O turismo e o deporte únense no I Open de Pesca dende kaiak sen morte que acollerá a Fervenza do Ézaro. O evento, organizado polo Club de Pesca Deportiva Cíes en colaboración con concello de Dumbría, celebrarase os días 28 e 29 de abril e está previsto que participen máis de cen deportistas chegados dende toda a comunidade e doutros puntos do territorio como o País Vasco, Andalucía, Asturias, Canarias, Cantabria, Castela ou incluso dende Portugal. A praza do Ézaro será o punto de encontro dos participantes onde tamén se desenvolverán talleres relacionados con distintas técnicas de pesca como slow jigging, currican, embarcación fondeada, spinnig,... Durante o Open, os participantes terán a oportunidade de ver e probar diferentes kaiaks de Jackson Kaiaks, Stealh Kaiaks e Asturkayaks. A competición propiamente dita, terá lugar o domingo 29, día no que os kaiaks sairán ás 11 horas e o regreso está previsto para as 17 horas. Os premios repartiranse do 1º ao 5º clasificado así como a peza maior e o maior número de capturas contando con mención especial ao club máis distante e ao club máis numeroso. A proba será de captura e solta polo que todas as capturas liberaranse unha vez medidas sendo puntaables cinco pezas por cada especie. Durante o evento sortearanse distintos artigos de pesca donados polos patrocinadores e a recadación destinarase á asociación española contra o cancro, AECC. Na probra tamén participará "Astur Fito", actual campión desta modalidade.   Fonte    

Comentarios