A Festa da Praia acollerá citas galegas de gran importancia deportiva


A 28 edición da Festa da Praia do Ézaro xa está en marcha! E coma sempre as actividades deportivas son as primeiras en darse a coñecer. Estes vindeiros 3 e 4 de agosto, o volei praia e o fútbol praia tomarán o areal dumbriés cun nivelón de primeira, á altura do visto a pasada fin de semana en Lariño.
As citas futboleiras non son oficias pero serán moi bregadas, co XXVI Maratón de Fútbol Praia con 32 equipos, e o IX Campionato de Fútbol Praia Sub-16.
Pero o rei será o Volei Praia, pois este XXIII Campionato de Volei Praia "FEsta da Praia" falamos dun torneo puntuable para o Campionato Galego e para o circuito Comarca de Barbanza.
Máis información e inscricións
Ata o luns 29 de xullo permanecerá aberto o prazo para a inscripción dos equipos para as competicións deportivas. Coma sempre de 10:00 a 14:00 na Casa da Cultura do Ézaro ou no mesmo horario no 981 712 605.
Novas relacionadas
- Nin a chuvia pode coa multifesta, con sorpresa, do Ézaro.
- 18 noites de verán para disfrutar da Fervenza do Ézaro iluminada.
- Dumbría prepara un verán cheo de actividades.
- A Devesa da Lúa acollerá un ano máis a Festa da Familia de Dumbría.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).