A Xunta abre o expediente de retirada da licencia que permite manter pechada a fervenza do Ézaro
11:08 14/12/10
Hai arredor de 2 meses, a entidade AEMS-RÍOS CON VIDA denunciaba a Ferroatlántica por desecar o río Xallas, concretamente no tramo de 1.4. km de lonxitude comprendido entre o muro desta presa e a caída na antiga fervenza natural de Ézaro onde desembocaba ao mar.
Ante esta denuncia, a Consellería de Medio Ambiente, a través de Augas de Galicia, vén de anular a declaración de impacto ambiental arpobada pola Xunta do goberno de Manuel Fraga no 2001. Con esta novidade a empresa non poderá suprimir un caudal mínimo augas abaixo do encoro de Santa Uxía do Ézaro de 2,23m en contraprestación coa apertura do caudal turístico que libera do 21 de xuño ao 21 de setembro cada ano. Este acordo permitiu ao goberno da Xunta proceder á insólita "inauguración" dunha fervenza cando aló polo 2000 tivo lugar a apertura do caudal turístico nos veráns da bisbarra.
Ademais a Consellería enviou un escrito ao Ministerio no que "declara a nulidade de pleno dereito, de forma parcial" da concesión que a Xunta outorgou á empresa de Villar-Mir o pasado 2001. Un escrito que foi enviado este pasado 8 de novembro e está asinado polo Presidente de Augas, Francisco Menéndez Iglesias.
Un río sobreexplotado
A sobreexplotación por parte da empresa foi a causa da denuncia ante a Fiscalía ambiental de Galicia. Así o asegura Mark Adkinson, presidente da entidade, que sinala que esta explotación non é compatible coa consecución dun estado ecolóxico no río Xallas ao que obriga a Directiva Marco da Auga da Unión Europea. De feito, o río conta con 4 encoros e 9 minicentrais e aínda está pendente de 3 novos posible saltos. Nesa liña, AEM pide a "suspensión das operacións de explotación hidroléctrica e precitado das turbinas e maquinaria con vistas á recuperación ambiental da cuenca". Primeira medida en toda Europa O propio Mark Adkinson asegurounos que "é a primeira vez que unha entidade ecoloxista nunca se conseguiu algo semellante en toda Europa". Deste xeito, segundo Adkinson, "a empresa deberían abrir de contado as comportas xa que doutro xeito estaría incurrindo nunha ilegalidade". Ademais apuntou que os 2.300 litros por segundo de caudal mínimo que terá que voltar aos 1.4 km de traxecto río abaixo do encoro, provocarán unha vaída de auga bastante importante.Novas relacionadas
Máis novas
- Denuncian á piscifactoría de Lires por secar o río Castro.
- Camariñas analizou con expertos o estado de saúde do río Castro e do río Grande.
- Mark Adkinson, presidente de AEMS-Ríos: De quen son os ríos?.
- Unhas 100 persoas participaron no roteiro ecolóxico e reivindicativo polo río Xallas organizado pola Plataforma na Defensa do río Xallas.
- O cangrexo vermello invade o encoro da Fervenza.
- Ferroatlántica mellora a súa eficiencia enerxética cunha nova certificación.
- Ferroatlántica, única culpable da desfeita ecolóxica da Fervenza para a Fiscalía.
- Denuncia cunha foto: A morte da fervenza.
- O Xallas corre de novo perigo de sufrir máis centrais hidroeléctricas.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- El País: Medio Ambiente retira el permiso con el que Villar Mir secó el salto de Ézaro.
- El País: El empresario prometió "abrir sin límite de tiempo" el salto.
- Fotografía do Grupo de Facebook "Salvemos o Xallas".