Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Abanca instalará un caixeiro en Dumbría

caixeiro Dumbría
Abanca instalará un caixeiro en Dumbría

O alcalde de Dumbría e Abanca asinaron no día de hoxe un contrato de arrendamento polo que o concello terá á súa disposición a planta baixa do edificio que a entidade bancaria ten en Dumbría.

Coa formalización deste contrato dase cumprimento ao convenio asinado o 31 de marzo de 2021 entre a Xunta de Galicia e o concello de Dumbría para a universalización dos servizos financeiros nos concellos galegos, e polo que o concello se comprometía a facilitar un espazo para a dotación dun caixeiro á entidade bancaria que resultase adxudicataria da subvención da Consellería de Facenda e Administración Pública.

Mediante este contrato o concello será arrendatario do edificio, cunha superficie de 123 m 2 , mediante o pago dun aluguer de 200 euros mensuais.

Nos vindeiros días a entidade bancaria procederá á instalación, posta en funcionamento e mantemento dun caixeiro automático.

Novas relacionadas

Comentarios