Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Ada González comparte co Obradoiro de Emprego turístico a importancia das Oficinas de Turismo

Ada González comparte co Obradoiro de Emprego turístico a importancia das Oficinas de Turismo
Ada Gonzalez no Obradoiro de Emprego de Turismo de Dumbria Mz e Santa Comba Ada Gonzalez no Obradoiro de Emprego de Turismo de Dumbría, Mazaricos e Santa Comba

Leva anos facendo medrar o turismo dumbriés e ten moito que contar. Por iso, a Directora do Obradoiro de Emprego Proturismo2017, Anabel Piñeiro Agulleiro, chamouna para dar unha charla. Ada González, a técnico de turismo do Concello de Dumbría, compartiu a súa experiencia á fronte da oficina de turismo do Ézaro e a evolución do sector turístico no seu Concello.

Os alumnos da especialidade de Promoción turística local e información ao visitante do Obradoiro, dos concellos de Santa Comba, Mazaricos e Dumbría, teñen claro a importancia destes puntos de información, en gran parte dos casos, o primeiro lugar ao que se dirixen os visitantes converténdose así no verdadeiro lugar de recepción do destino, como amosa o dato de número de visitantes, que, a piques de pechar o ano, supera a cifra dos 60.000 usuarios atendidos so na oficina de turismo do Ézaro.

Unha conclusión que levamos anos demandando dende QPC, pero parece que só os técnicos (e moi poucos políticos) saben darlle a importancia que merece ás Oficinas de Turismo.

A sesión tamén tratou o delicado asunto da sinalética Novas relacionadas  

Artigos de María José Mato sobre Turismo

Fonte

Comentarios