Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Aparatoso accidente na AC-552 a altura do cruzamento de Berdeogas

Accidente en Berdeogas-Foto-Jorge Parri
Foto-Jorge Parri
Aparatoso accidente na AC-552 a altura do cruzamento de Berdeogas

A estrada AC-552 estivo cortada esta mañá por un accidente acontecido ás 9:25 entre dos vehículos, a altura do km.80, entre a planta de formigóns e o cruzamento de Berdeogas, no termo municipal de Dumbría.

Varios particulares chamaron ao 112 para alertar do suceso, e foron mobilizados Garda Civil, Urxencias Sanitarias e os Bombeiros de Cee, que hoxe si estaban de servizo.

Segundo as primeiras pesquisas son 3 as persoas feridas, e unha das persoas tivo que ser liberada polos Bomberos para saír do vehículo pola posición na que quedara o vehículo. Esta muller e outras dúas persoas feridas, tiveron que ser trasladadas en ambulancia.

Accidente en Berdeogas 2

Comentarios