Aparece morta unha muller no río Xallas
Desaparecía na noite do venres para o sábado, e as forzas de seguridade levaban toda a fin de semana de busca, ata que a atoparon nesta mañá de luns 18 de marzo, falecida no río Xallas.
A muller, de 54 anos e natural de Alvarellos (Dumbría), aparcara o coche na tarde do venres na Ponte Olveira (Mazaricos), pero deixaba as chaves postas no contacto e desaparecía.
Tres días despois foi atopada pola Garda Civil 1 km augas abaixo da Pote Olveira, xa en territorio do Concello de Dumbría.
Os GEAS están sendo encargados de recuperar o cadáver, e o 112 colaborou contactando coa empresa que xestiona os encoros para manter o caudal baixo durante a recuperación do corpo.
A Garda Civil investiga o suceso, mentres a Auitoridade Xudicial procede ao levantamento do cadáver para facer a autopsia.