![Asi estaba o Encoro da Fervenza hai apenas unha semanaAsi estaba o Encoro da Fervenza hai apenas unha semana]()
Asi estaba o Encoro da Fervenza hai apenas unha semana
Choveu máis que en moito tempo en Galicia, alcanzando marcas como os 232 l/m2 caídos en A Lama (Pontevedra), o récord de precipitación acumulada en 24h en Galicia de toda a historia. De feito, houbo un incremento de máis de 13 puntos nos encoros do país, chegando a un 55% de ocupación. Mención especial merece o caso do encoro das Eiras, o que abastece a unha cidade de Vigo que hai uns días estaba afectada unha grave crise por seca, e que pasou en apenas 24horas do 37,12% ao 73,4%, dando por rematada a alerta.
Se ben na comarca
a borrasca Ana deixou a súa pegada en forma de refachos de vento máis que de chuvias, algo si que se notou nos encoros da comarca.
O encoro de Santa Uxía, usado para produción hidroeléctrica e de abastecemento, subiu un 26% o seu nivel de ocupación na última semana. Porén, o encoro da Fervenza subiu só un 2%. Se ben o de Santa Uxía (cunha capacidade de 18 Hm3) se duplicou o volume de auga (de 5 a 10 Hm3), no da Fervenza apenas aumento 2Hm3 o volume de auga encorada.
Curioso é o feito de que xusto hai un ano o Encoro da Fervenza estaba aínda máis baixo, a un 21% de ocupación.
Estes son os datos dos dous últimos
Boletíns Hidrolóxicos de Augas de Galicia:
Encoro |
Ocupación 4 de decembro |
Ocupación 11 de decembro |
Fervenza |
42% |
44% |
Santa Uxía |
30% |
56% |
Total Galicia - Costa |
42% |
55% |
Os últimos 10 anos
Así e todo, os datos da comparativa dos últimos 10 anos é dura, e se agora o total dos encoros de Galicia apenas chegan ao 60% a estas alturas do ano soen achegarse ao 80%.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)