Venres. 19.04.2024
El tiempo

As chuvias volven provocar numerosas incidencias na comarca

As chuvias volven provocar numerosas incidencias na comarca
Chuvia en Galicia 30-03-2016-Fonte-4gotas O Mapa de chuvias en Galicia pon de manifesto que a Costa da Morte é a máis afectada polo temporal-Fonte-4gotas.com Chove, e seguirá chovendo polo menos ata o final do día, e a bisbarra xa o está sufrindo. Inundacións, desprendementos de terras, moitos paraugas destrozados… Cifras esaxeradas as da chuvia en apenas 40 horas: 180 l/m2 en Carballo, 150 en Zas ou Vimianzo, 100 en Camariñas ou Malpica.

Dende onte ao mediodía, Carballo foi a zona na que máis afecta este temporal, e provocando graves inundación do río Anllóns. De feito, o Concello vén de realizar esta mesma mañá unha reunión de seguridade e as conclusións son claras: "evitar desprazamentos, evacuar enseres dos sótanos e non achegarse ás zonas de riadas". O parque de Anllons asolagado en Carballo-Foto-Concello O parque de Anllóns asolagado en Carballo-Foto-Concello Escaleiras de acceso ao Parque do San Martino en CarbaEscaleiras de acceso ao Parque do San Martino en Carballo-Foto-Concellollo-Foto-Concello Escaleiras de acceso ao Parque do San Martino en Carballo-Foto-Concello Aparcadoiro do Gadis da MIlagrosa, en Carballo Aparcadoiro do Gadis da MIlagrosa, en Carballo Por Zas a cousa tamén está revolta, e así o demostran as imaxes do río Grande. Foron 97 l/m2 os que caeron nas últimas 20 horas no concello zaense. O Rio Grande esta de enchenta O Rio Grande esta de enchenta Enchenta no Rio Grande Enchenta no Río Grande pola Piroga Rio Grande por Salto-Foto-Alejandro Mel Rio Grande por Salto-Foto-Alejandro Mel   Por Malpica a cousa tamén está complicada, con 60 litros caídos por metro cadrado dende onte Se ben no día de hoxe a chuvia tamén afecta fortemente a outros concellos como Mazaricos (39.60 l/m2 só no que vai de mañá), Vimianzo (34.60 l/m2) ou Fisterra (20 l/m2). Cemiterio de Vimianzo asolagado Cemiterio de Vimianzo asolagado Rio Grande por Vimianzo-Foto-Carmen Suarez Rio Grande por Vimianzo-Foto-Carmen Suarez   Tamén en Laxe está caendo augas "comarea" (nunca mellor traído dados os problemas cos áridos...), e o paseo volve estar anegado, como acontecía o pasado mes de febreiro e en decembro do ano pasado. Ruas anegadas en Laxe-Vicente Lema Rodríguez Ruas anegadas en Laxe-Foto-Vicente Lema Rodríguez   En Coristanco as intensas e inesperadas chuvias desta noite deixaron tras de si múltiples incidencias .Desde Protección Civil indican que se evite a circulación pola estrada Coristanco-Rus (punto moi problemático en Conles) e na de Coristanco-Cereo na que xa houbo que sacar dous coches da auga á altura de San Paio. Estradas anegadas en Coristanco Estradas anegadas en Coristanco  

A cara amable do temporal

Cascada do Ezaro en pleno fervor co temporal Fervenza do Ézaro en pleno fervor co temporal-Foto-FB Cascada del Ézaro Coma sempre, estas chuvias deixan estampas tamén fermosas. A que máis nos gusta, a da Fervenza do Ézaro en todo o seu esplendor.
  [fbvideo link="https://www.facebook.com/CascadaDeEzaro/videos/909929332452992/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]   E a simpática... Así a armaron en Baio... [fbvideo link="https://www.facebook.com/martin.minones/videos/10208382164127335/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]  

Tres persoas evacuadas en Carballo ao inundarse a súa vivenda

Tres persoas foron evacuadas da súa vivenda a primeira hora desta mañá despois de sufrir un anegamento na súa casa de Carballo. Aconteceu na rúa Muíño do Quinto. Nesa mesma vía víronse afectadas outras cinco vivendas por mor das enchentes, aínda que ningunha máis tivo que ser desaloxada. Os efectivos de Protección Civil informaron ao persoal do 112 Galicia ás 7:00 horas desta mañá. Decontado, o persoal do CAE 112 Galicia alertou aos Bombeiros de Carballo e á Policía Local. As tres persoas evacuadas foron realoxadas no domicilio duns familiares.  

Estrada cortada en Berdoias

Esta pasada madrigada que acodir os Bombeiros de Cee ata Berdoias, por mor dun desprendemento de terra e pedras na AC440 (de Berdoias a Muxía), no Km 3, que cortaba a estrada practicamente por completo. Os Bombeiros tiveron que sinalizar, iluminar e crear espazo para o paso dos coches mentres non chegaba maquinaria pesada para retirar as toneladas de material. Quedou a vía completamente despexada ás 01:52.

Novas meteorolóxicas

Fonte

Comentarios