Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Modesto Patrimonio: As varas, as antigas unidades de medida

O Modesto Patrimonio: As varas, as antigas unidades de medida
Igrexa de Monterrei (Ourense) Vara de medir gravada no Igrexa de Monterrei (Ourense)

Os que temos uns cantos anos nas costas aínda recordamos de cativos cando nos mandaban á taberna comprar unha libra de pan, un cuartillo de aceite ou cinco varas de corda para atar os feixes da herba. Cee distaba de Buxantes dúas leguas e a porta de entrada da casa tiña catro cuartas de ancho. Se falábamos de terras, todo dependía do ferrado. Por sorte, todo este vocabulario xa desapareceu, pero ímolo  recordar, neste caso, as medidas de lonxitude. Din que o invento máis importante da humanidade foi a roda, pero encontrar unha unidade de medida para as cousas sopuxo o entendemento entre os distintos poboadores.

Os nosos antepasados usaron as extremidades do corpo dun adulto como o mellor instrumento de medida: O Dedo, A Cuarta ou Palmo, O , O Codo, A Braza, O Paso. Certo é que estas medidas estaban influenciadas pola estatura da persoa pero permitíase este erro. Todas estas medidas provocaban confusión e picaresca cando se intercambiaban mercancías con outras rexións alonxadas, dentro do territorio nacional.

Para evitalo, sobre o ano 1849 sae unha lei que unifica estas medidas, aparecendo unha unidade oficial coñecida como “vara”. Pero esta unidade de medida discrepaba entre provincias polo que se publicou un listado oficial por provincias. A realidade era que a vara máis usada para o intercambio era a “castellana”.

Plaza Menor de Zafra1 copia Vara de medida gravada nunha das columnas da Plaza Menor de Zafra

Coa revolución francesa, para resolver o problema do intercambio comercial entre nacións apareceu o Sistema Métrico Decimal. De aquí nace o “metro” medindo un arco de meridiano da Terra. Aínda recordamos a definición que aprendemos na escola: O “metro” é a diezmillonésima parte da distancia existente entre o polo Norte e o Ecuador. Tanto os múltiplos como submúltiplos desta medida foron implantados como unidade oficial de medida.

Sobre o ano 1960 adoptouse outra definición do metro, como: 1/650763,73 veces la longitud de onda en el vacío de la radiacción naranja del átomo de Criptón 86. De todo o dito, imos ver as equivalencias das medidas primitivas coa lonxitude do metro. Outro día falaremos das restantes. A “vara”= 4 palmos = 0,843 mm; (“vara” da Coruña).

Tamén había “varas” de 5 palmos e 6 palmos. A “vara” máis usada era a “castellana” = O,836 mm., e  a “legua” = 5,573 m.  O “dedo” = 17,4 mm.; A “cuarta” = ¼  da vara = 12 dedos, O “codo” =  ½ vara = 418 mm., medido desde o dedo medio hasta o codo). A “braza” = 2 varas, que aínda se usa en náutica.

Nas feiras importantes as autoridades locais tiñan marcada a lonxitude da “vara” rexional nun muro ou edificio importante para que en caso de disputa entre  comerciantes ou clientes valera de testigo.

Poidémolo contemplar na Praza Pequena de Zafra (Badajoz), gravada verticalmente nunha columna, cunha lonxitude de 0,85 m., e a da Igrexa do Castelo de Monterrei (Ourense), fachada norte, que ten a marca horizontal cunha lonxitude de 1,30 m.

  • Modesto García Quintáns.
 

Novas relacionadas

O Modesto Patrimonio

Fonte

Comentarios