mércores. 23.07.2025
El tiempo

A Asociación de Astroturismo Costa da Morte xa ten forma e directiva

Asociacion Astroturismo Costa da Morte
Ada Gonzálex, Silvia Bouzas, Mónica Rod., Yolanda Díaz, Juan Vicente Ledesma, Nieves Lema e Andrés García "Drew"
A Asociación de Astroturismo Costa da Morte xa ten forma e directiva

Gran paso dos profesionais do sector turístico da Costa da Morte para seguir posicionando a Costa da Morte como Destino Starlight. Tralo impulso realizado ao longo do curso pasado polas administracións, os profesionais formados durante os cursos realizados veñen de crear a Asociación de Astroturismo da Costa da Morte.

Así o debullaron nun evento celebrado na Casa de Cultura de Vimianzo onde participaron os membros da Directiva e o coordenador da Área de Formación, Educación e Divulgación da Fundación Starlight, Juan Vicente Ledesma, que recén chegado de Tenerife, non quixo desperdiciar esta ocasión para transmitir o apoio in situ da Fundación Starlight á constitución desta figura xurídica que pretende continuar a labor de posta en valor do astroturismo na Costa da Morte, comezada no seu día pola CMAT.

A entidade integrada por Monitores Starlight formados na Costa da Morte, con perfiles moi diversos: persoal técnico de cultura, guías de turismo, de medioambiente, profesionais do sector da hostelería, da astrofotografía… que poden achegar diferentes olladas a un mesmo tema: o astroturismo na Costa da Morte. Nomes moi representativos da nosa comarca como Virginia Barros (de Mar de Fábula), Silvia Bouzas (do Hotel Playa de Laxe), Yolanda Díaz Castaño (do Xastre de Anos), Nieves Lema (técnica de Cultura de Vimianzo), Ada González (técnica de turismo de Dumbría) ou Andrés García (nome oficial do fotógrafo Drew Corme), forman esta entidade que pretende "poñer en valor a riqueza do ceo das aldeas, dos nosos pobos, respectando a identidade do territorio, entendida esta en todas as súas vertentes: a flora, a fauna, o patrimonio, a cultura e, sobre todo, a súa xente".

Asociacion Astroturismo Costa da Morte 3

Ademais de xentes de toda a provincia, ao evento presidido pola alcaldesa do Concello de Vimianzo, Mónica Rodríguez, tamén se achegaron algúns alcaldes, como o ex-presidente da CMAT e alcalde de Zas Manuel Muiño, o alcalde de Cabana de Bergantiños José Muiño, o alcalde de Laxe Francisco Charlin, o presidente de APTCM Pepe Formoso, a secretaria de AFIPRODEL Rosa Sánchez, concelleiros, empresarios, medios de comunicación e persoal técnico de concellos que compartiron o seu apoio e a súa inquietude polo desenvolvemento da comarca.

Saída nocturna

Asociacion Astroturismo Costa da Morte Observacion

A xornada complétase esta noite de mércores cunha saída nocturna ao Mirador Furna de Sapo para o que xa hai inscritas 50 persoas. Para asistir a esta actividade é preciso inscribirse no formulario.

Membros da Directiva da Asociación Astroturismo Costa da Morte

  • Presidenta: Yolanda Díaz Romero. Enxeñería Técnica Forestal, xerente TR O Xastre de Anos.
  • Vicepresidenta: Mª Nieves Lema Vilariño. Técnica de Cultura e Patrimonio, concello de Vimianzo.
  • Secretaria: Silvia Bouzas Martínez. Psicóloga e Directora do Hotel Playa de Laxe.
  • Tesorero: Antón Lois Noceda Carballo. Animador Sociocultural do concello Malpica de Bergantiños.
  • Vocal 1: Virginia Barrros López. Guía de Turismo, Presidenta Asociación Mar de Fábula.
  • Vocal 2: Ada González Fernánde.z Guía de Turismo, Técnica de Turismo do concello de Dumbría.
  • Vocal 3: Andrés García. Facal Dj e AstroFotógrafo.

Máis novas

Comentarios