Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os bebés de Dumbría tamén falan inglés

Baby Class do Dumbria Speaks
Os bebés de Dumbría tamén falan inglés
Os bebés de Dumbría tamén falan inglés

A concellería de Educación e Cultura de Dumbría segue apostando pola aprendizaxe da lingua inglesa, convencidos de que, se a veciñanza a domina, permitiralles acceder a maiores e mellores parcelas profesionais e persoais.

E a aposta vén dende o berce, como o refrenda o programa “Dumbría Speaks” que se vén desenvolvendo os sábados nas Instalacións do Conco e en clave de xogo, no que participan nenos/as maiores de 3 anos e adultos/as, pero que a partir de agora terá tamén o seu espazo para os bebés.

Así, poñen en marcha “Baby Class”, cunhas xornadas enfocadas á aprendizaxe da lingua inglesa, dirixidas a todos os nenos e nenas entre 1 e 3 anos. Nestas sesións, acompañados dun adulto, os pequenos/as poderán desfrutar de xogos, contacontos e cancións en inglés.

Terán lugar os sábados 9, 16, 23 e 30 de marzo en horario de 17:00 a 18:00 horas.

Para participar só hai que inscribirse nas casas culturais ou nas oficinas municipais (teléf.: 981 744 001) antes do 28 de febreiro.

Comentarios