Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O CF Dumbría celebra cun Gran Cocido o seu 25 aniversario

25 aniversario cf dumbria
O CF Dumbría celebra cun Gran Cocido o seu 25 aniversario

O vindeiro 10 de febreiro, o Club de Fútbol Dumbría cumple 27 anos. Foi un día como ese de 1996 cando o concello promoveu a creación desta aposta polo deporte comarcal. Pero a pandemia impediu que o club puidese realizar unha celebración en condicións, que traslada a este domingo 12 de febreiro de 2023.

O club quere celebralo con toda esa xente que formou parte da familia dumbriesa. E faino cun Gran Cocido no Conco dirixido a ex xogadores, xogadores, nais, pais, veciños e afecionados en xeral.

Todas as personas que queirades participar neste encontro deberedes realizar a inscrición e reserva a partir do xoves 12 de xaneiro. Os tickets poderanse adquirir nas instalacións deportivas do Conco-Dumbría e tamén se poderá facer a reserva chamando ao teléfono 664316417.

Comentarios