Venres. 05.06.2020
El tiempo

Comezan as obras da pérgola na entrada á fervenza do Ézaro

Imaxe do inicio das obras da pérgola no Ézaro. Fotos de Jorge Castro
Imaxe do inicio das obras da pérgola no Ézaro. Fotos de Jorge Castro
Comezan as obras da pérgola na entrada á fervenza do Ézaro

Tras a aprobación do orzamento para a creación dunha pérgola acristalada nas inmediacións da fervenza do Ézaro hai máis de medio ano, o proxecto comezou as súas obras finalmente onte, luns 20 de xaneiro. A estrutura contará ademais cun total de 8 casetas cun mesmo deseño para instalar diferentes puntos de venda temporal durante a tempada turística. 

Segundo o alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, prevese que a construción da estrutura remate en 3 meses, mais os stands non estarán en funcionamento ata o ano que ven. “Aí ten que haber suministro de electricidade, auga... Leva todos os servizo e entón queremos facelo ben e telo todo moi ben previsto para o ano que ven”, explica Pequeño.

Obras da pérgola do Ézaro

Últimos detalles na pasarela

Unhas obras que comezan e outras que conclúen, pois a famosa e ansiada pasarela xa rematou a súa construción. Segundo explica o alcade dumbirés, son os pequenos detalles de acondicionamento os que faltan para finalizar por completo o proceso e esperan que en Semana Santa poida estar en funcionamento.

Unha obra que constitúe de por si un atractivo máis ao entorno da fervenza. Pequeño ten claro que este traballo, feito por Antonio González Serrano, “é unha obra de deseño e artística que vai dar que falar. Tal como vai voando por enriba da auga, eu creo que vai ser unha instalación que vai repercutir a nivel enxeñería e deseño”, afirma o rexedor.

Ademais, tamén engade que con estas obras, o Concello está “intentado poñer todos os servizos nun punto emblemático da Costa da Morte como é a Cascada do Ézaro. Nestes momentos hai cantidade de miles de persoas que van a ali e temos que darlles ese servizo, ademais de que é fundamental para a xente con falta de mobilidade darlles acceso para poder achegarse ata a cascada”, apunta Pequeño.

comentarios