Venres. 11.10.2024
El tiempo

O Comité lamenta a decisión da dirección de XEAL de bloquear o Plan de Igualdade

Hoxe venres continuarán as concentración na fábrica de Brens, ás 14:45h, para esixir futuro industrial para as fábricas
Concentracion de venres en Xeal
Imaxe da concentración do pasado venres, que se repetirá hoxe
O Comité lamenta a decisión da dirección de XEAL de bloquear o Plan de Igualdade

Hai apenas unha semana, a raíz da doble denuncia por acoso por acoso sexual e laboral, a Dirección de XEAL abría a mesa de negociación para aprobar o novo Plan de Igualdade.

Mesa que non durou moito, pois foi a dirección rompeu o acordo co comité, ao modificar as condicións pactadas para a constitución do plan xa que agora quere quitalo do ámbito de negociación do convenio colectivo.

O comité defende que “a negociación do Plan de Igualdade debe ser parella á negociación do convenio colectivo para unha mellor garantía das medidas a adoptar”. Pero ademais, cómpre salientar que “a empresa ten bloqueadas as negociacións do convenio pola súa pretensión de conxelar os salarios durante os próximos tres anos e recortar as condicións sociais”.

Son novos argumentos para continuar cas mobilizacións dos venres ás 14:45h diante da fábrica de Brens, que teñen como principais demandas “a creación plan de viabilidade, dun calendario para o rearranque dos fornos e dun plan de investimentos que garantan a recuperación das capacidades produtivas e o mantemento de todos os postos de traballo (incluíndo a recuperación dos empregos destruídos no último ano tanto na principal como nas auxiliares)”.

Novas relacionadas

Comentarios