A dumbriesa Ánxela Louzán gaña o concurso de debuxo do Mar na Escola
No marco do programa "O mar na Escola 2019, Xogando Co Vento”, a empresa Stolt Sea Farm quixo colaborar cun Concurso de de Debuxo infantil sobre “A crianza de Rodaballo”. Esta segunda edición xa ten gañadora, Ánxela Louzán Franco de 3º de Primaria do CEIP Sta. Eulalia de Dumbría, leva o primeiro premio por diante de varios centos de propostas.
De feito, a propia empresa resalta a alta participación e o gran talento de todos os traballos realizados, pero explican que o exemplar de Ánxela Louzán “destacou polo seu valor artístico e pola clara expresión da cadea de valor da crianza do rodaballo”. O premio consistirá nun kit de merchandising e na visita do curso do premiado ás instalacións que a empresa ten na zona. Os nenos tendrán a oportunidade de coñecer unha granxa de cerca e de aprender todo o proceso de cría.
Ánxela Louzán, á dereita, durante o curso O mar na Escola
A finalidade do concurso era dar a coñecer a acuicultura, as súas vantaxes e os beneficios do consumo de peixe na dieta infantil, a través do fomento da creatividade e a participación activa dos alumnos. A temática debía versar sobre a acuicultura mariña en terra, facendo referencia ao rodaballo.
A entrega do premio, levarase a cabo na clausura do programa. A experiencia foi moi positiva e a empresa considera realizar a terceira edición o próximo ano.
Novas relacionadas
- Maio 19: Medio millar de nenos xa teñen superada a asignatura de Mar e Vela.
- Abril 19: O Mar na Escola: 500 alum@s da comarca disfrutan do mar en horario escolar.
- O Mar na Escola 2018: Fin de curso para as aulas de vela do pioneiro programa O Mar na Escola.
- O Mar na Escola 2017: 400 nenos xogaron co vento co programa O Mar na Escola.
- l>
- O Mar na Escola 2016: O Mar xa está na escola.
- O Mar na Escola 2016: 400 nenos estudan o Mar na Escola, programa ao que se une Laxe.
- O Mar na Escola 2015: 300 rapaces puideron levar o mar ata as aulas co Mar na Escola.