Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Couquiño acolleu Copa Galega de Promoción de Slalom

PIraguismo no Couquino-Dumbria
O Couquiño a pleno rendemento
O Couquiño acolleu Copa Galega de Promoción de Slalom

Volveu o Campo de Slalom de O Couquiño, mentres agarda a aprobación do proxecto de canle de augas bravas, acoller unha proba autonómica. Foi a Copa Galega de Promoción de Slalom disputada en Dumbría a que trouxo unha marea de minipadexeiros e mini padexeiras de todo o país.

Foron un total de 60 participantes das categorías pre-benxamín, benxamín, alevín e infantil. pertencentes a clubes das catro provincias galegas acudiron á cita cun Río Xallas que, ca colaboración da empresa Xeal, lucía un caudal ideal para a disputa da proba, e cun excelente ambente grazas ó numerosísimo público da zona, e familias.

Aínda que a mañá, dedicada a entrenos, foi de chuvieiras, pola tarde clarexaba para acoller unha lucida xornada de piragüismo. Dos seis deportistas participantes do CDM Piragüismo Dumbría, 3 foron quen de subir ó podium: Carmen Llaria, segunda e Vega Cives terceira en K1 benxamín. Pola súa banda, Clara Mancebo logrou un excelente terceiro posto no K1 Alevín.

En canto ó resto da representación costeira, a vimiancesa Iera Lema Gerpe rozou o podium tanto no C1 coma no K1 infantil, igual que o corcubionés Yerai Guene, e Iván Llaria a pesar de facer a súa mellor competicion do ano, só puido ser sétimo.

Podium Clara Mancebo Piraguismo Couquino
Clara Mancebo, á esquerda, recibindo a medalla a mans do alcalde de Dumbría, Raúl Gozález, e mais o Teniente de Alcalde, Faustino Suárez

Vindeira cita

A vindeira cita dos deportistas do CDM Piragüismo Dumbría será a vindera fin de semana en Mondariz, para a celebración do Campionato Galego de Promoción de Slalom, onde competirán novamente os deportistas máis novos do clube.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios