Danza, pintura e tradición maridan no verán dumbriés
08:41 19/07/23
O programa de verán do Concello de Dumbría vese complementado por unha serie de actividades.
Xa está aberta ao público no Edificio Bitácora, no Ézaro, ata o 17 de agosto, a exposición de pintura de J. Ramiro Rodríguez. O alcalde Raúl González acompañou ao artista na inauguración.
Hai ademais unhas interesantes actividades culturais que se levarán a cabo o vindeiro domingo no lugar de Olveiroa. Trátase dun espectáculo de música e baile tradicional, a cargo de Xacarandaina, e, seguidamente, dunha actuación de Lupe Blanco, que nos achega a regueifa e os Cantos de Taberna, actuación enmarcada no programa M.A.N. de Aantena Teatro.