A Festa da Familia, a gran romería da veciñanza de Dumbría
𝗔 𝗙𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗱𝗮 𝗙𝗮𝗺𝗶𝗹𝗶𝗮 é a festa máis quetida e importante do ano en Dumbría. Porque é a gran romaría familiar é o gran punto de encontro ao que non falta nin un só veciño, é un “sinal de identidade”. É ademais o cumio do programa de actividades de verán do Concello.
A XXI edición desenvolveráse o 𝟯𝟎 𝗱𝗲 𝘅𝘂𝗹𝗹𝗼 na Devesa da Lúa, a Carballeira de Berdeogas. Haberá unha pulpeira na que se poderá mercar polbo á feira, churrasco, criollos, polo á brasa...
Xa podedes ir polo concello a reservar mesa (non se venderá tickets como outros anos) antes do 27 de xullo.
programa
A orquestra Solara abrirá a festa coa sesión vermú, e haberá xogos infantís. Ao ongo do día actuarán os Gaiteiros de Buxantes, a Charanga o Rumbo e os Gaiteiros Flor do Toxo. A partir das 18:00h volve a verbena coas orquestras Solara e Saudade.