Un verán de luces en Dumbría
Esperemos que os cortes de auga na Fervenza do Ézaro paren para manter vivo un dos meirandes reclamos turísticos da Costa da Morte. Este verán o Coiadoiro volverá ter luz propia coas sesións de iluminación e música nocturnas. Os espectáculos, d2 :2300h a 0:00h serán os sábados de xullo, ademais do día 24, e os de agosto e setembro.
Moito máis; Deporte e Cultura
Pero Dumbría ten moito máis. Xa comezaron as actividades deportivas a pasada semana co salvamento e socorrismo e este domingo co Gran Fondo Ézaro. Ademais, os 17 e 23 a praia do Ézaro volverá acoller outra proba de nivel de estatal de volei praia.
En clave cultural, a LandArt de aAntena xa estivo Berdeogas, e as actividades serán variadas, con exposicións, foliadas, regueifa… para culminar na sempre especial Festa da Familia.
Dende o Concello tamén invitan a usar as Casas da Cultura e Bibliotecas do Conco, Berdeogas, Buxantes, O Ézaro e Olveira, asi como a pista de pádel do Ézaro e a piscina de Dumbría.