Venres. 04.10.2024
El tiempo

Denuncian a Ferroatlántica por desecar o río Xallas

Denuncian a Ferroatlántica por desecar o río Xallas
A entidade AEMS-RÍOS CON VIDA, que vén de denunciar o pasado mes á empresa TresMares pola desecación do río Castro, interpuxo esta semana unha nova denuncia a Ferroatlántica ante a Fiscalía ambiental de Galicia pola desecación da fervenza do río Xallas, a única fervenza europea que caía ao mar e auténtico símbolo natural de Galicia. A asociación que preside Mark Adkinson denuncia que "o río atópase amplamente sobrexplotado pola empresa Ferroatlántica, que o desfigurou por completo con catro grandes presas hidroeléctricas e cuxo réxime de explotación é incompatible coa consecución do "bo estado ecolóxico" obrigado pola Directiva Marco da auga da UE". A entidade fai patente algo que todos coñecemos na bisbarra pero que dende fóra é difícilmente comprensivas. A entidade lembra que o encoro de Santa Uxía, o que se usa para a produción hidroeléctrica e para abastecemento de auga, "mantén seca a parte final do Xallas nun tramo de 1.4. km de lonxitude comprendido entre o muro desta presa e a caída na antiga fervenza natural de Ézaro onde desembocaba ao mar".

"Cortocircuito turístico"

Así cataloga a entidade a "labor social" que asegura facer a empresa abrindo a fervenza durante o verán cada fin de semana. Pero esta medida, segundo denuncia Adkinson, non cumple a Lei de Pesca Fluvial de 1942, vixente cando se outorgou a concesión e a actual normativa galega, porque o caudal aberto é demasiado pequeno. AEMS entende que "a substitución dun caudal ambiental esixido por Lei por un "caudal turístico" unhas horas ao mes desde fai 10 anos, figura inexistente na nosa normativa, é contrario a Dereito".

O caso do Encoro da Fervenza

AEMS quere lembrar que a actividade desta empresa é obxecto doutro proceso penal por haber desecado un encoro neste mesmo rio en novembro de 2007, o que provoco unha elevada mortaldade de troitas".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da entidade AEMS-RÍOS CON VIDA.

Comentarios