Martes. 19.03.2024
El tiempo

Denuncian que a Xunta deixou ao Concello de Dumbría sen axudas para embelecer o litoral

Begoña-Rodríguez-Rumbo-181022-01
Begoña Rod. Rumbo no Parlamento
Denuncian que a Xunta deixou ao Concello de Dumbría sen axudas para embelecer o litoral

Foi a voceira socialista no Parlamento Begoña Rodríguez Rumbo, a que denunciou na xornada deste venres do Parlamento que o goberno galego deixara ao concello de Dumbría fóra da liña de axudas dirixida a embelecer o litoral galego, dotada con máis de 4,4 millóns de euros. 

A parlamentaria lembra que, con data do 16 de marzo, o Consello da Xunta aprobou unha convocatoria de subvencións con dúas liñas de axudas, unha dirixida a concellos, cun importe de 4,4 millóns de euros, e outra dirixida especificamente a establecementos turísticos e que ascende a 2 millóns de euros.

A pesar diso, o termo municipal de Dumbría quedou excluído da lista de 71 concellos beneficiarios, pasando por alto que tamén ten unha franxa marítima na localidade de O Ézaro, que ademais é  un dos principais focos de atracción turística deste concello.

É por esta razón que Rodríguez Rumbo empraza á Administración autonómica a corrixir o seu erro e incorporar a devandita localidade da Costa da Morte á listaxe de potenciais beneficiarios das liñas de subvencións habilitadas. 

Comentarios