Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Denuncian un grave impacto dos 3 novos saltos no Xallas e favoritismo coa empresa de Villar-Mir

Denuncian un grave impacto dos 3 novos saltos no Xallas e favoritismo coa empresa de Villar-Mir
Liberdade para o río Xallas

Onte coñeciamos a posición completamente favorable da Xunta ante os 3 novos saltos que Ferroaltántica vai desenvolver no Xallas. Unha Xunta que considera que a construcións de 3 novas minicentrais non implica un impacto, se non que mesmo “o río Xallas verase beneficiado".

As posicións encontradas dos grupos conservacionistas xa se fan escoitar e hoxe ADEGA manda un comunicado no que critica claramente estas aseveracións. Aseguran que os 3 encoros "aumentan nun 200% o caudal chuchado ao Xallas", poñen en dúbida os 680 postos de traballo que aseguraba o Conselleiro, e denuncian un trato de facor coa empresa de Villar-Mir.

Recordan que "estes proxectos, tramitados dende a era Fraga (2002) caducaron en 2009, e a Xunta xa con Feijóo, en troques de declarar a súa caducidade, amplioulles o prazo para executar as obras. Resulta curioso que o tardío anuncio de Hernández coincida coas revelación dos "papeis" do ex-tesoureiro do PP Luis Bárcenas nos que se recollen pagos das empresas de Villar-Mir ao PP por valor de 530.000€. Sr. Hernández, cite>excusatio non petita..." deixan caer dende o colectivo.

E ten verbas críticas a entidade para coa empresa: "Abonda con seguir a evolución da plantilla de Ferroatlántica nas súas fatorías da costa da Morte, que pasou de máis de 500 traballadores en 1986-89 a escasamente 300 na actualidade, con 4(+3) centrais máis no río".

Apoio do BNG

Serxio Dominguez voceiro do BNG de Cee xunto a Francisco Jorquera

Mentres, o BNG apoia a aplicación da tarifa eléctrica á Ferroatlántica tal e como pedían os seus dirixentes, unha vez que consideran que é moi elevada. Jorquera e o voceiro ceense Serxio Domínguez prestaban o seu apoio á empresa costeira para solicitar esas tarifas especiais, "sempre que supoñan unha reinversión na zona e coa xeración de novos postos de traballo".

Así o aseguraban tras escoitar a postura do comité de empresa, "tendo en conta a importantísima repercusión económica na zona desta grazas aos 290 empregos directos e mais os indirectos ligados a produción".

O que tamén quixeron engadir é a reivindicación da "necesidade dunha tarifa diferenciada para Galiza, xa que somos produtores e os custes de chegarnos a enerxía, son moito máis baratos que ao resto do estado, feito polo que claramente a táboa única de prezo da enerxía, nos perxudica claramente".

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • ADEGA.

Comentarios