Mércores. 23.10.2019
El tiempo

Deporte, natureza e troula na XXXIV Festa da Praia do Ézaro

Deporte, natureza e troula na XXXIV Festa da Praia do Ézaro
Deporte, natureza e troula na XXXIV Festa da Praia do Ézaro

Xa foi a capital estatal do volei praia de base esta pasada fin de semana. E o Ézaro volverá selo acollendo o Campionato Galego, unha das actividades estrella que se realizan no marco da gran Festa da Praia. Estes 3 e 4 de agosto, chega a XXXIV edición desta singular multifesta que combina deporte, natureza e troula a partes iguais.

Dende primeira hora da mañá sabatina comezarán as probas deportivas. Pola tarde haberá circo itinerante polo areal e obradoiro de circo exprés no paseo marítimo, ademais dos inchables para os peques e os Euroxogos. O home para todo, César Ferrío, xunto cos responsables de Dafit Damián Espasandín e Dani Lema, farán unha sesión de ciclo indoor ás 19:00h. E a partir das 20:30 comezarán as actuacións musicais con Huella, Claretes e os carballeses The Cerne.
A noite pecharase coa iluminación nocturna da Fervenza a partir das 23:00h.

O domingo, ademais do campionato de volei praia, ao longo do día haberá inchables, xogos, obradoiros… para os pequenos. Ao mediodía, sardiñada popular, e pola tarde, Circuito Infantil de Obstáculos (de 8 a 14 anos) e xogos tradicionais. O fin de festa será da man da Orquestra Finisterre a partir das 20:00h no palco.

Novas relacionadas

Comentarios