Do fregadoiro ao río. Detectan un vertido doméstico en Dumbría
Do fregadoiro ao río. Un clásico que pouco a pouco esperemos que deixe de ir pasando. Así, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través do Plan de Control de Vertidos (PCV) de Augas de Galicia, en colaboración co Concello de Dumbría, vén de colaborar na emenda duns vertidos procedentes dunha vivenda particular sita no lugar de Cheo, no concello coruñés de Dumbría.
As achegas tiñan a súa orixe nas augas residuais procedentes do fregadoiro que, á súa vez, se atopaban conectadas cunha condución de augas pluviais que remataba infiltrando no terreo, segundo constatou o persoal do Plan de Control de Vertidos.
Recentemente efectuouse unha nova inspección á zona verificando que o desaugue da vivenda foi retirado, e os vertidos ao dominio público eliminados.
Fonte
- Nota de prensa da Xunta.