Martes. 19.11.2019
El tiempo

Dous feridos graves nun accidente de Dumbría

Dous feridos graves nun accidente de Dumbría
Foto-Rafa Quintáns Foto-Rafa Quintáns

Un accidente entre un camión de butano e un turismo deixa dous feridos graves en Dumbría. Foi unha colisión frontal entre un camión cargado de bombonas de butano e un turismo. O sinistro ocorreu ás 08:00 horas de hoxe, na estrada que une Cee e Dumbría, na AC-552, no punto quilométrico 81.500.

Ata o lugar desprazáronse os servizos sanitarios, Bombeiros de Cee, Forzas da Orde e efectivos de Protección Civil de Cee, Dumbría Muxía. Os Bombeiros de Cee tiveron que excarcerar a dúas persoas que quedaron atrapadas no interior dos vehículos que manexaban. Os dous feridos xa foron trasladados polo persoal sanitario.

Os servizos de Emerxencia, e da empresa sumistradora do gas tiveron que controlar que houbese fugas.

Foto-Rafa Quintáns Foto-Rafa Quintáns Foto-Rafa Quintáns Foto-Rafa Quintáns

Accidentes 2016

Fonte

Comentarios