Venres. 19.04.2024
El tiempo

Dúas persoas teñen que ser excarceradas tras un forte accidente no Carrizal

Dúas persoas teñen que ser excarceradas tras un forte accidente no Carrizal
Accidente no Carrizal Accidente grave no Carrizal, Coristanco Está sendo chuviosa e perigosa esta mañá do luns 19 de outubro. Xa ás 8:00h producíase un serio accidente na costa do Carrizal, na AC-552 a altura do Concello de Coristanco. Unha colisión entre un camión e unha furgoneta deixaba a dúas persoas feridas e atrapadas. Os condutores do camión e da furgoneta necesitaron da axuda dos Bombeiros do Eume para poder saír dos seus vehículos. O impacto entre ambos os dous vehículos provocou que o camión, que transportaba madeira, envorcase, o que dificultou a saída do condutor. Unha vez rescatados, ambos os dous condutores foron atendidos e trasladados polos servizos sanitarios de urxencia. De feito, o condutor da furgoneta, de Vimianzo, tivo que ser trasladado en helicóptero. Ás 7:50 horas de hoxe, un particular contactou co 112 Galicia para pedir axuda. A partir de aí, os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias activaron un operativo no que participaron os Bombeiros de Carballo, os membros de Protección Civil de Coristanco e a Garda Civil de Tráfico. Tamén foi avisado o servizo de limpeza e mantemento da Consellería do Territorio, pois quedaron algúns restos do accidente na vía. Accidente no Carrizal-Foto-Yolanda Montserrat Accidente no Carrizal-Foto-Yolanda Montserrat

Outro accidente en Dumbría

Ademais, os Bombeiros de Cee, Protección Civil de Dumbría e a Garda Civil tiveron que acudir a unha saída de vía dun vehículo que caera fóra da estrada co quitamedos atravesando a parte traseira do vehículo. Neste, atopábase o copiloto con collarín posto pero sen atrapamento físico. A condutora tivo que ser traslada en ambulancia.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios