Luns. 03.10.2022
El tiempo

Dumbría abre o curso de Actividades Culturais e Deportivas

Dumbría abre o curso de Actividades Culturais e Deportivas

Xa está aberto o prazo de incrición para as actividades deportivas e culturais do vindeiro curso no Concello de Dumbría.

No departamento de Cultura ofrécense as actividades para nenos e adultos. os pequenos terán posibilidade de ir a cursos de Informática, Inglés, Clases de apoio, á Escola Municipal de Teatro, ou a clases de Pandeireta e baile rexional (colabora a A.D.C.R. As Neves de Buxantes).
Os maiores poderán disfrutar ademais da Informática e de Manualidades, de Taller de memoria, de Cursos de técnicas de busca de emprego e de Clases de apoio para a obtención do Graduado en ESO.

Máis información e inscrición

Tedes ata o 5 de outubro para anotarvos tanto nas casas de cultura coma chamando ó Concello no número 981 744 001 en horario de mañá.

Poden visitar o blog Dumbría é cultura.

comentarios