Luns. 29.04.2024
El tiempo

Dumbría acollerá por primeira vez unha Copa de España de Slalom

MARTIN FERNANDEZ CDM Piraguismo DUMBRIA
O padeixeiro dumbriés Martín Fernández no Couquiño
Dumbría acollerá por primeira vez unha Copa de España de Slalom

Non para o Concello de Dumbría de artellar probas deportivas de alto nivel, que serven ademais de escaparate turístico para toda a comarca. A semana pasada anunciaba o Preeuropeo de Seleccións de Voleibol, e esta xa anuncia outra proba de nivel estatal

O Campo de Slalom de O Couquiño recibirá por primeira vez unha competición da máxima categoría da Liga Nacional de Slalom. A proba terá lugar entre os días 20 e 22 de xullo e será selectiva para o Equipo Nacional que acudirá ós Campionatos do Mundo de Slalom e os Campionatos de Europa Junior e Sub23.

Unha proba que demostrará o potencial da Canle Olímpica na que se enreda a Xunta unha e outra vez. Así o entenden dende o Concello: "A concesión destas competicións son a proba de que o Campo de Slalom de O Coquiño, en Dumbría, ten unha condicións espectaculares para esta modalidade olímpica, e de que o nivel organizativo está á altura da confianza tanto da Federación Española coma da Federación Galega da modalidade". Por iso, dende o Concello e o Club insisten en que "este Campo de Slalom sería unha oportunidade económica para a comarca e para o deporte galego, cuxos deportistas se ven na obriga de ter que deplazarse para entrenar esta modalidade".

Dumbría tamén acollerá a primeira proba da Copa de España de Promesas do Slalom entre os días 17 e 19 de maio.

O Campo de Slalom de O Couquiño e Dumbría siguen medrando a nivel nacional. Se por un lado xa era unha das sedes habituais da Copa de España de Promesas de Slalom, a principal competición a nivel nacional da categoría infantil e cadete e que regresa este ano as augas do río Xallas, este ano a Real Federación Española de Piragüismo lle concedeu a Dumbría a celebración da cuarta proba da Copa de España de Slalom, a máxima categoría da competición nacional, e que será selectiva para o Equipo Nacional que nos representará nos Campionatos do Mundo de Slalom que terán lugar en La Seu, e para os Campionatos de Europa Junior e Sub23 que se disputarán en Carcovia.

A proba Dumbriesa será a cuarta do calendario, despois das que acollerán as vilas de Mondaríz, La Seu e Pau, en Francia. Ademáis da presencia das e dos principais protagonistas da modalidad en España, tamén se espera a presencia do Equipo Nacional Portugués, habitual nestas competicións e que tamén as utiliza para definir o equipo que os representa nivel internacional.

A estas importantes competicións, se suman as habituais de nivel autonómico, entre as que destacan o Campionato Galego de Slalom e a Copa de Galega de Promoción.

Comentarios