Dumbría acollerá un Campionato internacional de Seleccións de Voleibol
- Dous xogadores formados na casa como Iago e Thiago formarán parte do combinado estatal coñecido como os Red Lynxes
Pode ser que vaia ser a primeira vez que a Costa da Morte acolla un campionato internacional de Seleccións na Costa da Morte. Dumbría volve facelo, aproveitar o deporte, os eventos deportivos de alto nivel, como o mellor produto turístico para toda unha comarca.
O Concello de Dumbría e o Club Volei Dumbría acollerán o Preeuropeo de Seleccións Sub18 en categoría Masculina,
O campionato desenvolverase no Conco os días 12, 13 e 14 de abril. Ata aquí, desprazaranse as Seleccións de España, Alemania, Ucrania e Países Baixos.
"Para Dumbría é unha honra acoller un evento desta magnitude. Ámbito galego, ámbito nacional e agora... A nivel europeo" destacan dende o concello." 4 equipos, con xogadores, equipos técnicos, familiares, afeccionados do voleibol nacional e internacional que veñen ata A Costa da Morte durante preto dunha semana", apuntan en clave económica.
Iago e Thiago cos Red Lynxes
Estamos ben seguros de que A Costa da Morte respostará como se merece a un evento deste calibre.A nova ademais ten un sentido moi especial. Entre os participantes Os mini Red Lynxes terán a oportunidade de xogar en territorio nacional en busca da súa clasificación para o Campionato de Europa da súa categoría. Nesa selección xogan dous xogadores da casa Iago Larrañaga e Thiago Fernández, dous xogadores formados na canteira do volei dumbriés agora triunfando no máis alto nivel.