Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Dumbría estreouse no Ciclocross con máis 100 deportistas en competición

Dumbría estreouse no Ciclocross con máis 100 deportistas en competición
Dumbria acolleu o I Trofeo de Ciclocross

Xa dicimos moitas veces eso de #DumbríaéDeporte, pero é que non paran. Desta volta as dúas rodas son as protagonistas e se no Concello xa están pensando no Campionato Galego de Ciclo-Cross para o 29 de decembro, esta fin de semana puideron xa ir catando o circuito.

Tiña lugar o I Trofeo Concello de Dumbría, a terceira proba puntuable no calendario galego. Foron máis de 100 os participantes e os resultados foron os agardados pois os favoritos venceron nas súas categorías.

Por exemplo, Mauro González (Salvaterra) venceu en categoría Elite; Raúl Fernández (C.C. O Rosal) en Junior, e Iván Feijóo (Maceda) en Cadetes. E categorías femininas Isabel Castro (Aquagest), foi primeira en élite e a súa filla Desirée Duarte (Aquagest), vencía en Junior, mentres que Irene Trabazo (C.C. Marín) o facía en Cadetes.

Triki foi o mellor costeiro coma sempre

O mellor costeiro, como non, Triki, quedando 10º na categoría Master 40, pero xa sabemos que o míster dumbriés está aínda adaptándose a esta disciplina.

Segue pois Dumbría afianzándose no panorama galego deportivo como parada obrigatoria para moitas disciplinas.

Un centenar de participantes no I Trofeo Ciclocross Dumbria Esixente a disciplina do Ciclocross Pancarta que fala por si soa-Dumbria e deporte

Novas relacionadas

Fonte e máis información

Comentarios