O Ciclo-Cross instálase en Dumbría

Segue o Concello de Dumbría afianzándose como unha referencia en materia deportiva. E o ciclismo é un dos seus puntais. Desta volta, os camiños do concello dumbriés acollerán os Campionatos de Galicia de Cyclo-cross 2013. A Xuta Directiva da Federación Galega de Ciclismo adxudicou a proba ao Club Ciclista Dumbría para que sexa este municipio o que acolla esta proba o día 29 de decembro.
Este sábado, proba

Pero antes, este sábado 30 terá lugar o Trofeo Concello de Dumbría no que os participantes poden facer unha primeira toma de contacto sobre un circuíto inédito para todos. A proba terá lugar nas inmediaciones do complexo deportivo de O Conco, e estes días os membros do clube xa o estiveron probando.
Xa podedes descargar a Ruta en bikemap.
Formando

Ademais, o clube non queda na competición. Tamén forma, como pasou ca Charla sobre nutrición deportiva a cargo de Joan técnico de NutriSport. Unha moia experiencia para os ciclistas do clube dumbriés.
Novas relacionadas
- Alcaldes e técnicos da Costa da Morte propoñen facer comarca desde o deporte.
- II Ruta BTT Dumbría: Dumbría xa é cita fixa para os “beteteros” do país.
- I Ruta BTT Dumbría: As bicicletas tomaron os montes de Dumbría.
- As rampas do Mirador do Ézaro agardan a invasión do pelotón.
- O Mirador do Ézaro acollerá un final de etapa da Volta a España.
- Subindo, en bici e en primeira persoa, á Moa.
- As bicis de montaña tomaron os montes da Terra Neria.
- Un día a dúas rodas pola Costa da Morte.