Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Dumbría, Mazaricos e Santa Comba comparten un novo Obradoiro de Emprego

Dumbría, Mazaricos e Santa Comba comparten un novo Obradoiro de Emprego
Operarios do Obradoiro de Emprego de Santa Comba, Mazaricos e Dumbría Imaxe dos Operarios do Obradoiro de Emprego de Santa Comba, Mazaricos e Dumbría do ano pasado

Novo obradoiro de Emprego aberto na comarca. Unha nova oportunidade para os desempregados para formarse nunha profesión concreta cobrando algo e con prácticas.

Desta volta, Dumbría organiza, con Mazaricos e Santa Comba, un ciclo de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, e promoción turística local e información ao visitante. O comezo está previsto para o vindeiro día 29.

Este obradoiro está dotados cun investimento de 280.000 euros e acollerá a 40 alumnos-traballadores, igual que outro semellante que se realizará na Laracha. A duración dos obradoiros xerais amplíase de seis a nove meses.

A selección dos alumnos e alumnas realizouse a través das oficinas de emprego, dándolle preferencia, en xeral, as persoas beneficiarias da Renda de Integración Social de Galicia (Risga); mulleres; vítimas da violencia de xénero; menores de 30 anos; traballadores que esgotasen as prestacións ou subsidios por desemprego; parados de longa duración; maiores de 45 anos; persoas sen titulación universitaria ou de FP de grao superior; e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

Garantía Xuvenil

Así mesmo o Sistema de Garantía Xuvenil promoverá un obradoiro das especialidades de revalorización de espazos urbanos, e traballos de carpintería e moble, organizado polo Concello de Carballo, con 12 alumnos-traballadores, e que dispón dun orzamento de 140.000 euros.

No caso dos obradoiros xuvenís, os participantes deberán tamén estar inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil e as actividades que realicen estarán relacionadas, de ser o caso, coa titulación ou formación previa que posúan. Primaranse aqueles participantes que non recibisen atención anteriormente no Programa de garantía xuvenil.

Fonte

  • Xunta.

Comentarios