Dumbría, o Concello máis saneado de Galicia
A través do programa Sexta Columna vimos de descubrir que o Concello de Galicia máis saneado é da Costa da Morte. E que un dos políticos mellor valorados é o seu alcalde. Todo no marco dun programa no que buscan outros xeitos de facer política, onde saen exemplos verdadeiramente interesantes.
De "El Buen Pastor" catalogan na Sexta a José Manuel Pequeño, "o socialista máis votado de Galicia" do que destacan que leva no poder "3 décadas con só 4 funcionarios". Salientable a idea de que as obras municipais sexan realizadas por empresas e autónomos do Concello, así os cartos municipais quedan si ou si, en casa.
O que non cabe dúbida é que Dumbría reinvirte en Dumbría. É un dos concellos da zona con máis ingresos, vía IBI e demais, polos eólicos, industriais, hidroeléctricos, e mesmo turísticos. Pero tamén é un dos que máis inviste. Como en deporte. Xa o temos falado, pero é que Dumbría é deporte.
Fútbol ao máximo nivel na zona en maiores e mais unha grandísima aposta polo fútbol base, piragüismo, voleibol, ciclismo... De feito, o Concello vén de recibir un recoñecemento da Federación Galega de Ciclismo pola súa promoción do deporte, no que ademais de traer a Vuelta, e artellar unha gran BTT, xa é un dos clubes máis numerosos de Galicia.
Máis información
Podedes ver a parte dumbriesa a partir do minuto 2 da 3ª parte deste vídeo:
Novas relacionadas
- Dumbría é deporte.
- 350 prazas para a III Ruta BTT de Dumbría.
- A Etapa da Fin do mundo centra a presencia da Costa da Morte na Fitur.
- O Club Ciclista Dumbría xa é un dos máis numerosos de Galicia.