Luns. 29.04.2024
El tiempo

350 prazas para a III Ruta BTT de Dumbría

350 prazas para a III Ruta BTT de Dumbría
III Ruta BTT Concello de Dumbria 2013

Xa o apuntamos trala II Ruta, i é que Dumbría xa é cita fixa para os “beteteros” do país. Este 2013, a cita será o sábado 16 de marzo, e o Concello de Dumbría volve propoñer unha ruta de 42 km, na súa maior medida o 90% de ruta nova respecto a do ano pasado, con dificultade media/alta e que transcorrerá por pista forestal e trialeras (90%) e asfalto (10%).

Este curso, e dada a abalancha de xente de todo o país, aumentaron o límite de participantes ata deixalo 350. As inscripcións abriranse do 14 de febreiro ao 8 de marzo.

A saída será desde o pabellón do campo de fútbol de O Conco, onde tamén se celebrará o fin de carreira, con 2 pratos e bebida para os participantes. Haberá un avituallamiento sólido-líquido a metade de ruta. Como sempre haberá duchas, lavado de bicis, servizo de reparación de bicis en ruta, servizo de recolleita de bicis averiadas na ruta, ambulancia.

Haberá trofeos para os 1º clasificados tanto en categoría masculina como en feminina, ao clube máis numeroso, e aos corredores máis novo e máis lonxevo.

Ruta turística para acompañantes

E como queren rozar a perfección dende o Concello non se queren esquecer de ninguén. E mentres o participantes pelexan co monte, o Concello artella unha visita guiada en bus e a pé polo concello, para os acompañantes. Entre outras cousas, visitarase a meta da Volta 2012 no Mirador de Ézaro e paso da Volta 2013 deste ano, por suposto. Dispensaranse bebidas a bordo do bus. Os familiares que se acollan á excursión terán a posibilidade de ver pasar aos ciclistas nun punto determinado da ruta. Tamén terán dereito a comida e bebida cos corredores, ao finalizar a ruta. O prezo sería de 10€ .
Para inscribirse sería indicar o Nome, apelidos e DNI do acompañante que vai á excursión e para efectuar o pago sería entre os días 7 e 14 de marzo, no mesmo nº de conta 2080 0062 11 3000023814 (NOVAGALICIA BANCO), indicando no concepto Excursión e DNI .

Inscricións

Para inscribirse, ou ben no correo [email protected] (ata 250 prazas) e no teléfono 981 74 40 01 (ata 100 prazas).

O prezo será de 10€ (excepto socios do club que non pagarán a ruta) que serán ingresados en NOVAGALICIA BANCO, NO Nº DE CONTA 2080 0062 11 3000023814 indicando no concepto, Nome, Apelidos e DNI, haberá de prazo para facer o ingreso, ata o 14 de marzo, pasada esa data daremos por nulas as inscripciones que non fixesen o pago.

O listado das inscripciones estará colgado na seguinte dirección de internet:

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios