Dumbría pide a creación dunha canle de slalom no Couquiño acollendo a Copa Galega
Este domingo o Campo de Slalom de O Couquiño, en Olveira, Dumbría, acolle a Copa Galega de Slalom en augas bravas. E faino en clave reivindicativa, loitando para que a Xunta por fín apoie a decuación do tramo do Couquiño, no Río Xallas para que poida acoller probas internacionais de Slalom e concentracións de equipos foraneos, co que iso significaría en ingresos para a comarca.
O club municipal vai repatir unha pegatina reivindicativa entre os máis de 70 deportistas que van participar nesta Copa, procedentes do Club Tea de Mondariz, Quixos de Monforte, Teixugos de Goian, Penedo de Caldelas de Tui, además del CDM Piragüismo Dumbría.. Son os mellores deportistas galegos da modalidade os que se darán cita na primeira das probas que acolle o Xallas, xa que a semán que ven, será a Copa de España de Novas Promesas de Slalom a que visite a Costa da Morte.
Novas relacionadas
- O CDM Piragüismo Dumbría, nove medallas e 2º por equipos na Copa Galega de Promoción de Slalom de Ribadumia.
- Iago Canosa volve ca medalla de prata sub23 da Copa de España de Slalom.
- O CDM Piragüismo Dumbría terceiro por clubes na Copa Galega de Promoción de Slalom.
- Iago Canosa e Jorge Quintáns loitarán por entrar no Equipo Nacional de Slalom