Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Dumbría recupera a Festa da Familia

Equipo de goberno do Concello de Dumbria copia
Xuntanza no Concello de Dumbría
Dumbría recupera a Festa da Familia

A Festa da Familia volverá este ano á Devesa da Lúa, na Carballeira de Berdeogas na que será a súa 20ª edición. Así o decidiron este venres o grupo de goberno nunha xuntanza, dado o especial significado que ten a data para a veciñanza, e máis se cabe despois de dous anos de pandemia.

O consistorio valorou a adaptación do funcionamento deste evento para cumprir cos protocolos sanitarios que esixa a situación, con axustes, por exemplo, no aforo ou nas distancias. Nos últimos anos as familias xa traían das casas os seus menús, sendo o Concello o que complementaba iso co reparto de churrasco e empanada. Isto vai mudar este ano.
Nesta edición, ademais de poder seguir traendo esas viandas caseiras, estase traballando na alternativa de que sexa unha pulpeira a que preste este servizo de venda de comida para os que así o prefiran.

Comentarios