Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Ecos das Letras Galegas

Ecos das Letras Galegas

Numerosas achegas ás Letras Galegas notamos esta fin de semana na Costa da Morte. Co foco posto no Festiletras 2012, que xa visitamos a golpe de acordeón e monólogos, a fin de semana transcorreu con acento galego, e así marchamos dende a Muxía do século XXI ata o Corcubión do 1921.

Unha de Fundacións

Precisamente no marco do Festiletras 2012, as fundacións culturais máis potentes da zona desenvolveron unha xuntanza. A Fundación Eduardo Pondal pontecesá invitou á Fundación Abente Lago para comentar posibles novos proxectos en común.

Unha placa por López Abente

Precisamente a Fundación muxiá realizada estes días varia actividades de recuperación histórica. Os pesos pesados da entidade realizaron unha ofrenda floral diante do monumento a Gonzalo López Abente, e tras facer percorrido ata o Cabo da Grixa, lugar onde naceu e onde, procederon á inauguración dunha placa e unha lousa conmemorativa no nome do poeta.

Participaron os Manuel Vilar, Rosalía Fernández, Xan Fdez. Abella, Félix Porto... E de feito, moitos participaron na presentación do novo libro da SEMESCOM "Un mar de sensacións. Rutas e poemas para descubrir A Costa da Morte", que asinan o pai, Xan Fernández, e a filla, Rosalía Fernández Rial, dous baluartes da nosa cultura.

Comentarémolo ao longo da semana, pero atentos que este sábado a Fundación López Abente presenta un novo libro do poeta, "A narrativa mariña". O sábado ás 19:30h, a Biblioteca Municipal acollerá esta nova sesión.

Máis Vitaminas

E se tamén celebrábamos as Letras Galegasdando vitaminas dende Carballo con música e xornalismo, recordamos o muro de vídeos que a campaña #17Vitaminaso, lanzou co gallo da data.
Xa vimos os vídeos coa lectura do manifesto vitaminado dende os Concellos de Carnota, Corcubión e Muxía, e dende os IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto ou o IES Lamas de Castelo de Carnota.
Nesta fin de semana tamén puidemos comprobar as vitaminas que envían dende o Concello de Dumbría; e como non dende o CEIP Os Muíños de Muxía.


Non deixen de botar un ollo no videowall de Vitaminas para o galego, con ducias de vídeos enviados de todo o planeta en defensa dos medios de comunicación en galego.

Letras en Zas

Doble sesión galega en Zas. O venres tivo lugar a entrega dos premios do IV Concurso de Marcapáxinas , no marco da Programación Letras Galegas 2012. Presentáronse un total de 212 traballos e os gañadores foron os seguintes:

  • Categoría ata 5 anos:
    - ADRIÁN BUSTO BUSTO. CEIP Labarta Pose de Baio.
    TATIANA RECAREY ROMAR. CPI de Zas.
  • Categoría de 1º a 5º de Primaria:
    - JORGE CARNEIRO ROJO. CPI de Zas (3º de primaria);
    - MIRIAM PARAJÓ SUÁREZ. CPI de Zas (3º de primaria).
  • Categoría de 6º de Primaria a 4º da ESO:
    - ANDREA FUENTES LÓPEZ. CEIP Labarta Pose de Baio. 11 anos;
    - MILA DOMÍNGUEZ VELO. CPI de Zas. 11 anos.

Ademais, o sábado celebrouse a actuación do Grupo de Teatro "Femenino Plural" do IES Maximino Romero Lema de Baio tamén en Baio e co gallo das Letras.

As Dunas invadiron a Costa

Cantas Dunas pasaron pola Costa estes días pola Costa da Morte. Numerosos Concellos incluíron no seu programas das Letras para os máis cativos esta proposta do "O señor das Dunas". Un deles, o de Fisterra, que trouxo este contacontos con debuxos en area do que disfrutaron todos os públicos.

Unha de Vitaminas para o galego no Corcubión de 1921

E queremos deixar constancia dunha mostra das vitaminas para o galego que xa se realizaba nun activísimo Corcubión do 1921. Da man de Jano Lamas recuperamos esta reseña que dá conta do Premios literarios en galego outorgados polo "Liceo de Artesanos"!!

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios